José María Castelo Mosquera

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
José María Castelo Mosquera
Nacemento1920
Lugar de nacementoIñás
Falecemento5 de marzo de 1949
Lugar de falecementoParamos
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónmembro da resistencia
editar datos en Wikidata ]

José María Castelo Mosquera, coñecido como Doctor ou Casteliño, nado en Iñás (Oleiros) en 1920 e finado en Paramos (Val do Dubra) o 5 de marzo de 1949, foi un guerrilleiro antifranquista galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Incorporouse á guerrilla en 1943 xunto ao grupo de Francisco Rey Balbís que se movía pola zona das Mariñas. Dende 1945 formou parte do Grupo Volante A da IV Agrupación do Exército Guerrilleiro de Galicia creado polo Comité provincial do PCE de Lugo para artellar as actuacións na Galicia setentrional. Reclamado polo xuíz militar de Santiago de Compostela en novembro de 1948 xunto con Francisco Paz Fornos, Manuel Ramiro Souto e Emilio Pérez Vilariño.[1] Caeu abatido pola Garda Civil en Paramos o 5 de marzo de 1949 ao fuxir logo de ser descuberto o seu agocho nunha casa de Zas (Negreira). Xunto a el morreron Vicente Peña Tarrasa e Manuel Pena Camino, e as enlaces Carmen Temprano e Manuela Teiga.

O seu corpo foi atopado en 2016 nunha fosa común, xunto a un lateral da igrexa de Santa María de Páramos, no Val do Dubra.[2]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Faro de Vigo, 19-11-1948, p. 4.
  2. "Encuentran los cuerpos de cuatro guerrilleros de la resistencia antifranquista". Arquivado dende o orixinal o 15 de xullo de 2018. Consultado o 28 de xullo de 2018. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]