Abelardo Gutiérrez Alba

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Abelardo Gutiérrez Alba, nado en Vilarello (Cervantes) o 25 de febreiro de 1912 e finado en Venezuela en 1978, foi un xastre e guerrilleiro anarquista galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Militante da CNT e da FAI, traballou como xastre e antes da guerra civil española estivo un tempo en Barcelona. Logo do fusilamento de seu pai, botouse ao monte cos seus irmáns Baldomero e Jovino. Mantivo contacto con guerrilleiros como Antonio Ulloa Regueiro, Siro Fernández ou Antonio Fernández, e estivo na fronte de Asturias.

Polo menos desde 1939 dirixiu unha partida con Marcelino de la Parra e Manuel Girón Bazán, reforzada con membros da partida de David Fuentes. En 1942 asistiu á reunión que deu pé á Federación de Guerrillas de Galicia-León, celebrada preto de Ponferrada, e integrouse na guerrilla lucense. En 1944 acompañou a Marcelino Fernández Villanueva, xefe do Estado Maior da Federación, Abel Ares Pérez e César Ríos a Lugo para establecer contactos con outros grupos e contrarrestar a influencia dos comunistas. Desde 1945 foi, xunto a Antonio Fernández Crespo, vicecomandante da Federación, comandada por Manuel Castro Tellado, e tivo que retirarse a área de actividade do sueste de Lugo. En 1947, mediante unha rede de evasión da CNT en Euskadi, pasou a Francia cos seus dous irmáns. Regresou a España de forma clandestina en 1948 para axudar ao resto da familia a pasar a Francia, e despois exiliouse en Venezuela. Regresou a España tras a morte de Francisco Franco, e morreu cando preparaba o retorno definitivo.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]