José Vega Seoane

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
José Vega Seoane
AlcumeÁnimas
Nacementovalor descoñecido
Lugar de nacementoXares
Falecemento9 de xullo de 1945
Lugar de falecementoPorto
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónmembro da resistencia
editar datos en Wikidata ]

José Vega Seoane,[1] coñecido como Ánimas, nado en Xares (A Veiga) e finado o 9 de xullo de 1945, foi un guerrilleiro antifranquista galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Obreiro do ferrocarril, comunista, era membro da Sociedad Obrero Campesina de Xares da UGT. Botouse ao monte a finais de 1936, e incorporouse á partida de Manuel Álvarez Arias "Bailarín" na serra do Eixo. En 1940 pasou á partida de Alfredo Yáñez Domínguez "Aguirre" co resto da partida de "Bailarín". Operaron no Barco de Valdeorras, Viana do Bolo, A Gudiña, Comarca de Cabreira e Ponferrada. Foi un dos guerrilleiros que intentaron saír de Galicia vía Portugal o 27 de xullo de 1940. Participou na constitución da Federación de Guerrillas de León-Galicia. Despois do terceiro Congreso da Federación aparece na II Agrupación á fronte dun dos seus destacamentos. Morreu o 9 de xullo de 1945 en Penas Brancas, na Serra de Corbaceira (Porto, provincia de Zamora), ao estalarlle unha granada que ía lanzar sobre unha patrulla da Garda Civil. Nesa acción morreron catro gardas civís.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Nalgunhas fontes aparece como Juan Antonio Vega Seoane

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Redondo Abal, Francisco Xavier (2006). Botarse ao monte. Censo de guerrilleiros antifranquistas na Galiza (1939-1965). Sada: Do Castro. p. 136. ISBN 84-8485-231-8. 

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]