José Pedreira de la Iglesia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaJosé Pedreira de la Iglesia
Biografía
Nacemento9 de maio de 1919 Editar o valor em Wikidata
A Coruña, España Editar o valor em Wikidata
Morte21 de xuño de 1949 Editar o valor em Wikidata (30 anos)
Silán, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmembro da resistencia Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Carreira militar
ConflitoGuerra civil española Editar o valor em Wikidata

José Pedreira de la Iglesia, coñecido como Quemairán, Tomás Padilla e Caravana, nado na Coruña o 9 de maio de 1919 e finado en Silán (Muras) o 21 de xuño de 1949, foi un guerrilleiro antifranquista galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo dunha familia acomodada da Coruña, traballou como carpinteiro, estaba afiliado á CNT. En 1944 integrouse no grupo de Marcelino Rodríguez Fernández e formou parte de "La Mariña", o destacamento volante da IV Agrupación do Exército Guerrilleiro de Galicia comandado por Francisco Rey Balbís do que tamén eran membros José da Silva Bartolomé "Moreno" e José María Díaz Pan "Jaime". Nesta época foi delegado do Comité Rexional de Galicia da CNT na agrupación guerrilleira e intentou crear unha guerrilla especificamente confederal. O 19 de maio de 1946 formou parte do grupo de catro guerrilleiros que executou a Arcadio Vilela Gárate. O 18 de agosto dese ano foi un dos que participou na execución do falanxista Manuel Doval Lemat. En 1947 foi responsable dun grupo da III Agrupación Guerrilleira que actuaba na zona de Viveiro. Foi reclamado polo Xulgado Militar de Vigo en xullo de 1947.[1] O Xulgado Especial de Accidentes Ferroviarios da Oitava Rexión Militar publicou en outubro de 1948 unha requisitoria contra el e José María Díaz Pan, Emilio Claudio Díaz, Francisco Rey Balbís, José Remuiñán Barreiro, Enrique Ferreirós Candamo, José Blanco Núñez, Jesús Valeiro Gómez, José Antonio Cortiñas Blas e Antonio López Arias.[2] Foi abatido nun enfrontamento coa Garda Civil en Forcón (Silán, Muras) o 21 de xuño de 1949 morrendo carbonizado ao incendiar a Garda Civil o refuxio onde estaba agochado con Josefa Escourido Cobo; no enfrontamento foron abatidos tamén Juan Gallego Abeledo, Celia González Pernas e Juan Pérez Dopico.[3]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. La Voz de Galicia, 10-8-1947, p. 2.
  2. "Requisitoria", La Voz de Galicia, 20-10-1948, p. 2.
  3. El Correo Gallego, 1-7-1949, p. 2.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]