Manuel Freire García

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaManuel Freire García
Biografía
Nacemento1905 Editar o valor em Wikidata
Cedeira, España Editar o valor em Wikidata
Morte5 de xaneiro de 1942 Editar o valor em Wikidata (36/37 anos)
Ferrol, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
Outros nomesCagallo Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmembro da resistencia Editar o valor em Wikidata

Manuel Freire García, Cagallo, nado en Cedeira cara a 1905 e finado en Ferrol o 5 de xaneiro de 1942, foi un mariñeiro e guerrilleiro antifranquista galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 fuxiu ao monte. Organizou un grupo guerrilleiro que actuou na beira oeste do curso do río Sor, concretamente na zona do Barqueiro-Ortigueira. A detención dun dos membros do grupo, Modesto Freire Fernández, a finais de marzo de 1941, conduciu á su captura. Xulgado en consello de guerra xunto con Modesto Freire Fernández, foron condenados a morte. Foron executados en Ferrol o 5 de xaneiro de 1942.[1][2]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. La Voz de Galicia, 6-1-1942, p. 2.
  2. El Ideal Gallego, 6-1-1942, p. 2.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]