Carlos Allegue

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Carlos Allegue Caruncho, nado en Ferrol en 1904 e finado na mesma vila o 27 de xullo de 1951, foi un militar e dirixente comunista galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Carlos Allegue era militar profesional, condestable do terzo norte da Infantería de Mariña con sede en Ferrol, a súa cidade natal. Ao comezo Guerra Civil foi expulsado do exército e en 1941 desterrado en León, dedicouse ao comercio para vivir. Organizou unha célula comunista entre os militares de Ferrol e coa información que lles facilitou un grupo guerrilleiro conseguiu en 1943 asaltar o cuartel de Caranza para se apoderar de munición. Considerado o principal dirixente do PCE en Ferrol, a policía arrestouno en xaneiro 1947. Malia iso conseguiu fuxir da cidade, ingresando na guerrilla como comisario político da IV Agrupación Guerrilleira.

En 1951, trala caída dos refuxios da guerrilla na zona de Oleiros, Allegue enfermo procurou refuxio na súa casa. O 27 de xullo a Garda Civil entrou na súa casa, morrendo o dirixente comunista no tiroteo, xunto co seu fillo maior.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]