Manuel Pena Camino
Manuel Pena Camino | |
---|---|
Alcume | Flores |
Nacemento | 1909 |
Lugar de nacemento | Castro |
Falecemento | 5 de marzo de 1949 |
Lugar de falecemento | Paramos |
Nacionalidade | España |
Ocupación | membro da resistencia |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Manuel Pena Camino, coñecido como Flores, nado en Castro (Mesía) en 1909 e finado en Paramos (Val do Dubra) o 5 de marzo de 1949, foi un guerrilleiro antifranquista galego.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Formou parte da columna que acudiu á defensa da Coruña ao inicio do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 e fuxiu ao monte. Foi detido e xulgado en Santiago de Compostela o 19 de decembro de 1936 cos veciños de Curtis, Manuel Calvelo, Isabel Ríos, Manuel Sánchez Ayerbe e Eduardo Sánchez Lago.[1] Foi condenado a cadea perpetua. Cando saíu da prisión incorporouse á guerrilla nos grupos que operaban na zona dos montes da Graña con Benigno Andrade. Na primavera de 1946 foi nomeado xefe militar do Destacamento Eduardo Xaneiro da IV Agrupación xunto a José Blanco Núñez, ocupando a zona comprendida entre Ordes e Cerceda. Pasou despois polos destacamentos Manuel Bello e Eive-Carbón. Caeu abatido pola Garda Civil en Paramos o 5 de marzo de 1949 ao fuxir logo de ser descuberto o seu agocho nunha casa de Zas (Negreira). Xunto a el morreron Vicente Peña Tarrasa e José María Castelo Mosquera, e as enlaces Carmen Temprano e Manuela Teiga.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ La Voz de Galicia, 20-12-1936, p. 2.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Liñares Giraut, X. Amancio (1993). Negreira na guerra do 36. Sada: Do Castro. ISBN 84-7492-656-4.
- Redondo Abal, Francisco Xavier (2006). Botarse ao monte. Censo de guerrilleiros antifranquistas na Galiza (1939-1965). Sada: Do Castro. ISBN 84-8485-231-8.
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Manuel Pena Camino na páxina web Nomes e Voces.
- Ficha en Los de la sierra (en francés)