Amador Barcia
Amador Barcia | |
---|---|
Nacemento | 1917 |
Lugar de nacemento | Regoela |
Falecemento | 23 de febreiro de 2007 |
Lugar de falecemento | A Coruña |
Nacionalidade | España |
Ocupación | membro da resistencia |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Amador Barcia Fernández, coñecido como Xicos, nado en Regoela (Cabanas)[1] en 1917 e finado o 23 de febreiro de 2007 na cidade da Coruña, foi un guerrilleiro antifranquista galego.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Ao comezar a Guerra Civil participou no grupo que intentou cortar o paso do exército sublevado que desde Ferrol se dirixía cara a Pontedeume. Detido o 4 de setembro de 1936 con varios compañeiros, conseguiu saltar do camión que os conducía ao cemiterio de Sillobre (Fene), onde ían ser fusilados. Formou con familiares e veciños da súa parroquia un dos primeiros grupos guerrilleiros antifranquistas, actuando na zona de Pontedeume ata 1946. O seu grupo axustizou un confidente e dous falanxistas en Cabanas en 1937.[2] O 13 de decembro de 1946 logrou marchar, dende O Vicedo, rumbo a Francia xunto a outros guerrilleiros na evasión do Santa Teresa. Volveu a Galicia en 1972 por pouco tempo e retornou definitivamente en 1982. Foi un dos poucos que sobreviviu ao franquismo.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Máiz, Bernardo; op.cit. páx.167
- ↑ A primeira guerrilla antifranquista galega (1936-1939): un esforzo malogrado
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Bernardo Máiz, Galicia na II República e baixo o franquismo, Xerais, 1988.
- Vázquez Arias, Juan Carlos (2017). "Fuxidos de Soaserra y Regoela (Cabanas)" (PDF). Cátedra. Revista eumesa de estudios (24): 7–47. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 12 de setembro de 2019. Consultado o 16 de xaneiro de 2018.