Benigno Fraga Pita
Benigno Fraga Pita | |
---|---|
Alcume | Alejandro |
Nacemento | 1892 |
As Somozas | |
Falecemento | 28 de abril de 1949 |
Chandrexa de Queixa | |
Nacionalidade | España |
Ocupación | membro da resistência |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Benigno Fraga Pita, coñecido como Alejandro, nado nas Somozas en 1892 e falecido en Chandrexa de Queixa o 28 de abril de 1949, foi un guerrilleiro antifranquista galego.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Afiliado ao Partido Comunista de Cuba, país do que foi expulsado pola ditadura de Gerardo Machado. Traballou como mestre armeiro nos arsenais ferroláns. Nos primeiros días do levantamento franquista foi detido, pasando algún tempo no cárcere. Depurado, foi expulsado do seu traballo no Arsenal véndose na necesidade de traballar como mosaísta.
En 1946 era membro do Comité provincial coruñés do Partido Comunista de España, exerceu de secretario de Organización en Ferrol, pero veuse forzado a fuxir ao monte ao ser descuberta pola policía a súa pertenza ao PCE logo da detención de Alejandro Gama Casalderrey. Ao incorporarse á guerrilla foi enviado a Ourense en agosto de 1946, como delegado do PCE para crear a II Agrupación Guerrilleira de Galicia e reorganizar a loita contra o Réxime franquista, acompañado por Samuel Mayo Méndez (coñecido como Saúl dás Olas, Pelayo e Raúl) e José María Saavedra Díaz (coñecido por Pepe). Benigno permaneceu en Ourense desempeñando o cargo de comisario político da recentemente creada II Agrupación.
O 28 de abril de 1949 caeu baixo as balas das forzas da Garda Civil no Candedo (Chandrexa de Queixa).
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Domínguez González, José (2016). A Edreira, el último bastión de la resistencia en Ourense (18 en el balneario). Círculo Rojo. pp. 155–162. ISBN 978-84-9126-680-8.
- Lamela García, Luis (2003). "Aspectos desconocidos de la guerrilla del Llano" (PDF). Anuario Brigantino (26): 281–294. Consultado o 30 de agosto de 2012.