Francisco Xavier Redondo Abal

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Francisco Xavier Redondo Abal
Nacemento1964
Lugar de nacementoPontevedra
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónhistoriador, arquiveiro e bibliotecario
Na rede
Dialnet: 637355
editar datos en Wikidata ]

Francisco Xavier Redondo Abal, nado en Pontevedra en 1964, é un historiador e escritor galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Licenciado en Xeografía e Historia pola Universidade de Santiago de Compostela. Traballa como bibliotecario na USC. Investiga na recuperación da memoria histórica. Colaborou en A Trabe de Ouro, Terra e Tempo, Murguía, Grial, Luzes, Galegos, Madrygal, Anuario Brigantino, Inzar Razóns e Claridade.

Obras[editar | editar a fonte]

  • Percorrendo a catástrofe. Unha achega bibliográfica ao Prestige, 2005.
  • Botarse ao monte. Censo de guerrilleiros antifranquistas na Galiza (1939-1965), 2006.
  • Alfonso Ortega Prada. Memorias de un socialista perseguido por el fascismo, 2007 (con Pilar Ortega González)
  • Memoria(s) de Marcelino Fernández Prada, un alcalde socialista e revolucionario, 2007.
  • A memoria dos libros. Incautación, espolio e desfeita da biblioteca de Santiago Casares Quiroga, 2008.
  • O fulgor e as tebras. As bibliotecas na Galiza da II República e a súa destrución durante a Guerra Civil, 2009.
  • Proceso a unha biblioteca. A persecución de Castelao a través da incautación da súa biblioteca, 2010.
  • O mar e a memoria. O expediente Armesto, 2011.
  • Bibliotecarias e bibliotecarios "infames". A depuración franquista do corpo bibliotecario republicano: o caso galego, 2014.
  • Arelas de liberdade na Galiza. Galegos perante o Tribunal de Orde Pública (TOPGAL, 1964-1976), 2017.
  • Ezkaba. Galegos na grande evasión do Forte de San Cristóbal (Pamplona, 22 de maio de 1938), 2020.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]