Adolfo Allegue Allegue
Adolfo Allegue Allegue | |
---|---|
Nacemento | 10 de marzo de 1919 |
Grandal | |
Falecemento | 31 de outubro de 1949 |
Monfero | |
Nacionalidade | España |
Ocupación | membro da resistencia |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Adolfo Cipriano Allegue Allegue, coñecido como Riqueche, nado en Grandal (Vilarmaior) o 10 de marzo de 1919 e finado en Monfero o 31 de outubro 1949, foi un guerrilleiro antifranquista galego.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Exerceu como carpinteiro en Vilarmaior. Pasou polo cárcere (1941-1943). En 1946 ingresou no Partido Comunista de España e actuou como enlace da guerrilla. Dous anos despois botouse ao monte e liderou o destacamento Arturo Cortizas pertencente á IV Agrupación Guerrilleira que actuaba na época no norte da provincia da Coruña. En 1949 o destacamento trasladouse aos concellos de Vilarmaior, Pontedeume e Monfero. Morreu cos seus compañeiros Antonio López Arias, José Chao Rouco, José Temblás Paz, Juan Freire Barcia, Rogelio Alonso Carral e José Ramuñán Barreiro, nun enfrontamento coa Garda civil en Pazos (San Fiz de Monfero) o 31 de outubro de 1949.[1]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ La Voz de Galicia, 1-11-1949, p. 2.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Domínguez Ferro, Manuel; Sobrino Ceballos, Juan J. (2004). "Riqueche. Vida e morte dun guerrilleiro antifranquista" (PDF). Cátedra. Revista eumesa de estudios (11): 125–156. Consultado o 16 de marzo de 2017.
- Heine, Hartmut (1982). A guerrilla antifranquista en Galicia. Vigo: Xerais. ISBN 84-7507-085-X.
- Máiz, Bernardo (1988). Galicia na II República e baixo o franquismo. Vigo: Xerais. ISBN 84-7507-320-4.
- Otero Roberes, Carmen; Sobrino Ceballos, Juan; Domínguez Ferro, Manuel (2001). "Fuxidos na fraga. Episodios da guerrilla antifranquista nas terras do Eume" (PDF). Cátedra. Revista eumesa de estudios (8): 205–235.
- Redondo Abal, Francisco Xavier (2006). Botarse ao monte. Censo de guerrilleiros antifranquistas na Galiza (1939-1965). Sada: Do Castro. ISBN 84-8485-231-8.