Lisardo Freixo
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | valor descoñecido Doncos |
| Morte | 26 de xuño de 1946 Milreu |
| Causa da morte | morte en combate, ferida por arma de fogo |
| Outros nomes | Tenente Freixo |
| Actividade | |
| Ocupación | maquis |
| Membro de | |
| Carreira militar | |
| Participou no conflito | guerra civil española |
Lisardo Freijo López, coñecido como Tenente Freixo, nado en Doncos (As Nogais) e finado en Aranga o 26 de xuño de 1946, foi un guerrilleiro antifranquista galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Loitou durante a guerra civil co exército republicano na fronte de Asturias, onde acadou o grao de tenente. Trala guerra organizou en 1943 un grupo guerrilleiro que actuaba nas bisbarras de Curtis e Ordes. Ao ano seguinte integrouse, co nome de Destacamento Santiago Álvarez, na IV Agrupación do Exército Guerrilleiro de Galicia baixo as ordes de Marrofer actuando entre Arzúa e Melide. Do seu grupo fixo parte Foucellas. Morreu o 26 de xuño de 1946 xunto a Marrofer e outros guerrilleiros nun enfrontamento coa Garda Civil en Milreu. Substituíuno á fronte do destacamento Samuel Mayo Méndez.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Maiz, Bernardo (1988). Galicia na II República e baixo o franquismo. Vigo: Xerais. ISBN 84-7507-320-4.
- Serrano, Secundino (2002). Maquis. Historia de la guerrilla antifranquista. Madrid: Temas de Hoy. ISBN 84-8460-155-2.