José María Díaz Pan

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaJosé María Díaz Pan
Biografía
Nacemento13 de agosto de 1916 Editar o valor em Wikidata
Pravio, España Editar o valor em Wikidata
Morte1951 Editar o valor em Wikidata (34/35 anos)
Vilarmaior, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmembro da resistencia Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Carreira militar
ConflitoGuerra civil española Editar o valor em Wikidata
Familia
IrmánsManuel Díaz Pan Editar o valor em Wikidata

José María Díaz Pan, coñecido como Jaime, nado en Pravio (Cambre) o 13 de agosto de 1916 e finado en Vilarmaior en 1951, foi un guerrilleiro antifranquista galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo de Manuel Díaz e Carmen Pan e irmán de Manuel Díaz Pan. Zapateiro en Pravio. Mobilizado polo exército franquista, desertou e incorporouse ao exército republicano. Ao caer a fronte de Asturias foi feito prisioneiro e recluído nun campo de concentración en León.[1] Pasou despois ao cárcere do Castelo de Santo Antón. Cando saíu en liberdade foi contratista da estrada que vai ao pazo de Mariñán,[2] onde coñeceu a Francisco Rey Balbís, co que despois foi traballar en seguros Santa Lucía. Trala detención de José María Urquiola Iglesias o 7 de xaneiro de 1945, botouse ao monte. Incorporouse á guerrilla no Grupo Volante A, da IV Agrupación Guerrilleira, con Francisco Rey Balbís, Manuel Ramiro Souto, José María Castelo Mosquera e Amador Domínguez Pan. O Xulgado Especial de Accidentes Ferroviarios da Oitava Rexión Militar publicou en outubro de 1948 unha requisitoria contra el e Emilio Claudio Díaz, Enrique Ferreirós Candamo, Francisco Rey Balbís, José Remuiñán Barreiro, José Pedreira de la Iglesia, José Blanco Núñez, Jesús Valeiro Gómez, José Antonio Cortiñas Blas e Antonio López Arias.[3] Apareceu morto en Mide (Vilarmaior) en 1951, ao parecer axustizado polos seus propios camaradas.

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Casou con Josefa Otero Varela, que finou en 1993, e foi pai de Raquel Díaz Otero.[4]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Requisitorias", Boletín Oficial de la Provincia de La Coruña, 28-11-1938, p. 4.
  2. Boletín Oficial de la Provincia de La Coruña, 1-6-1943, p. 3.
  3. "Requisitoria", La Voz de Galicia, 20-10-1948, p. 2.
  4. La Voz de Galicia, 15-11-1993, p. 66.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]