Elías López Armesto
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 1911 Teilán |
| Morte | 1949 Teilán |
| Causa da morte | morte en combate, ferida por arma de fogo |
| Lugar de sepultura | Teilán |
| Outros nomes | Pájaro |
| Actividade | |
| Ocupación | maquis |
| Membro de | |
| Carreira militar | |
| Participou no conflito | guerra civil española |
| Familia | |
| Irmáns | José López Armesto |
Elías López Armesto, coñecido como Pájaro, nado en Teilán (Bóveda) en 1911 e finado na mesma parroquia en 1949, foi un guerrilleiro antifranquista galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Irmán de José López Armesto. Incorporouse á guerrilla e foi membro da II Agrupación do Exército Guerrilleiro de Galicia, e un dos lugartenentes de Xosé Castro Veiga. Procesado na causa 522/47, foi reclamado polo Xulgado Militar Eventual número 1 de Lugo con Adolfo Gregorio Cenitagoya González, Manuel Rodríguez, Xosé Castro Veiga, José Pardo Rodríguez, Francisco López Quinte, Abelardo Gutiérrez Alba e Xosé Arias Fernández en febreiro de 1948.[1] O 22 de xuño de 1949 os disparos do garda civil infiltrado Francisco Cano Román acabaron coa vida dos seus compañeiros Manuel Fernández Soto e Bernardo Álvarez Trabajo en Teilán. Elías resultou malferido, conseguiu fuxir e refuxiarse no monte, onde morreu pouco tempo despois. Un pastor atopou o seu cadáver devorado por animais case un mes máis tarde. Foi soterrado no cemiterio de Teilán, nun lugar diferente ao dos outros dous guerrilleiros.[2][3]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ El Progreso, 29-2-1948, p. 2,
- ↑ La última tumba del guerrillero de Teilán
- ↑ "El ADN deshará el entuerto de la fosa del cementerio de Teilán". La Voz de Galicia (en castelán). 2015-04-06. Consultado o 2020-02-09.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Cabana, Ana (2013). La derrota de lo épico. Valencia: Publicacions de la Universitat de València. p. 179. ISBN 978-84-370-9089-4.
- Redondo Abal, Francisco Xavier (2006). Botarse ao monte. Censo de guerrilleiros antifranquistas na Galiza (1939-1965). Sada: Do Castro. p. 87. ISBN 84-8485-231-8.