José Neira Fernández

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
José Neira Fernández
AlcumeNeira
Nacemento1909
Lugar de nacementoMera de Arriba
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónmembro da resistencia
IrmánsAmandino Neira Fernández
editar datos en Wikidata ]

José Neira Fernández, O Neira, nado en Mera de Arriba (Ortigueira) en 1909, foi un guerrilleiro antifranquista galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Traballou de ferreiro en Cuíña e pertenceu ao Sindicato xeral de proletarios de San Clodio da CNT. Escapou ao monte, onde xa estaba fuxido o seu irmán Amandino Neira, ao ser mobilizada a súa quinta en 1937. O 1 de xuño de 1939 a Garda Civil e tropas do exército procedentes de Ferrol rodearon a cova de Montemeao onde estaba acubillado co seu irmán Amandino e Modesto Villar Ínsua; Amandino e Modesto morreron polos disparos e José, ferido nunha man, consegue saír do cerco grazas a colaboración dun grupo de soldados sitiadores. O 18 de xullo de 1939 os seus pais, dúas irmás, a súa muller e varios veciños foron deportados a Herrera del Pisuerga acusados de colaborar cos fuxidos; Gloria Giz Castro, a moza de Amandino, foi encarcerada na prisión de Ferrol. Ao conseguir organizar ao fuxidos das comarcas de Viveiro e Ortegal, converteuse no líder do primeiro grupo de guerrillas estable en Galicia, que se coñeceu como Grupo Neira, composto maioritariamente por anarquistas.

Tras ser xulgado e declarado en rebeldía, desapareceu en 1944 sen saberse o seu paradoiro. Varias fontes afirman que foi eliminado por José Castro, militante comunista, cando o PCE pretendeu facerse co control do movemento guerrilleiro.[1] Foi substituído polo comunista asturiano Marcelino Rodríguez Fernández Marrofer, que deu paso ao control do movemento guerrilleiro polo PCE.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Parrado, p. 110.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Parrado, Carlos (2009). Curuxás, o guerrilleiro que non cazou Franco. Vigo: A Nosa Terra. pp. 107–110. ISBN 84-87783-79-1. 
  • Redondo Abal, Francisco Xavier (2006). Botarse ao monte. Censo de guerrilleiros antifranquistas na Galiza (1939-1965). Sada: Do Castro. ISBN 84-8485-231-8. 

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]