Manuel Díaz Pan
Saltar ata a navegación
Saltar á procura
Manuel Díaz Pan | |
---|---|
San Pedro de Nós | |
Falecemento | 21 de abril de 1947 |
Frades | |
Nacionalidade | España |
Ocupación | membro da resistencia |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Manuel Díaz Pan, coñecido como Rogelio, nado en San Pedro de Nós (Oleiros) e finado en Frades o 21 de abril de 1947, foi un guerrilleiro galego.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Irmán de José María Díaz Pan. Afiliado ao Sindicato Único del Ramo de la Construcción da CNT coruñesa. Participou na guerra co exército sublevado. Incorporouse á guerrilla en 1946 na IV Agrupación guerrilleira que encabezaba Manuel Ponte Pedreira, da que foi comisario político. Por mor dunha delación, a Garda Civil cercounos no Fontao (Abellá, Frades) e morreu no enfrontamento xunto con Manuel Ponte e Manuel Rodríguez Suárez.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Astray Rivas, Manuel (1992). Síndrome del 36 - La IV Agrupación del Ejército Guerrillero de Galicia. Sada: Do Castro. ISBN 84-7492-584-3.