José Temblás Paz
José Temblás Paz | |
---|---|
Nacemento | 1912 |
Lugar de nacemento | Merille |
Falecemento | 31 de outubro de 1949 |
Lugar de falecemento | Pazos |
Nacionalidade | España |
Ocupación | membro da resistencia |
Irmáns | Alejandro Temblás Paz |
[ editar datos en Wikidata ] | |
José Temblás Paz, nado en Merille (Ourol) en 1912 e finado en Monfero o 31 de outubro de 1949, foi un político e guerrilleiro galego.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Carpinteiro e viaxante de comercio, irmán de Alejandro Temblás Paz. Foi vogal fundador Liga Agropecuaria de Labradores. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 escapou ao monte e formou parte dunha partida de fuxidos. Foi detido en marzo de 1940 e saíu en abril do ano seguinte. Retornou á actividade guerrilleira. Foi nomeado secretario xeral do PCE en Lugo en 1944, e formaba parte do Secretariado do Exército Guerrilleiro. Non tomou parte na evasión do Santa Teresa.[1] Foi o líder da III Agrupación do Exército Guerrilleiro até 1947, cando se integrou na IV Agrupación, no Destacamento Arturo Cortizas liderado por Adolfo Allegue Allegue. Morreu nun enfrontamento armado coa Garda Civil en Pazos o 31 de outubro de 1949, suicidándose xunto cos compañeiros Juan Freire Barcia e Rogelio Alonso Carral, pois outros catro membros do destacamento, Adolfo Allegue, José Chao Rouco, Antonio López Arias e José Remuiñán Barreiro, xa foran abatidos pola Garda Civil.[2][3]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ José Temblás Paz y Leonardo Gómez decidieron quedarse
- ↑ La Voz de Galicia, 1-11-1949, p. 2.
- ↑ "Siete bandoleros muertos en un tiroteo con la Guardia Civil, en Pazos", El Correo Gallego, 1-11-1949, p. 2.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Otero Roberes, Carmen; Sobrino Ceballos, Juan; Domínguez Ferro, Manuel (2001). "Fuxidos na fraga. Episodios da guerrilla antifranquista nas terras do Eume" (PDF). Cátedra. Revista eumesa de estudios (8): 205–235. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 21 de setembro de 2011. Consultado o 31 de decembro de 2018.
- Redondo Abal, Francisco Xavier (2006). Botarse ao monte. Censo de guerrilleiros antifranquistas na Galiza (1939-1965). Sada: Do Castro. p. 131. ISBN 84-8485-231-8.