Manuel Piñeiro Antón
Manuel Piñeiro Antón | |
---|---|
Nome completo | Manuel Piñeiro Antón |
Alcume | Manolo do Menor |
Nacemento | 1913 |
Lugar de nacemento | Soaserra |
Nacionalidade | España |
Ocupación | membro da resistencia |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Manuel Piñeiro Antón, coñecido como Manolo do Menor, nado en Soaserra (Cabanas) en 1913, foi un guerrilleiro antifranquista galego.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Botouse ao monte logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936. O seu grupo foi dos máis activos antes de 1939. Logo foi membro da guerrilla liderada por José Vázquez Mauriz "Patitas" e Ramiro Martínez López "Zapateiro" que actuou na comarca do Eume. Mantiña implícitas funcións de enlace cara a Lugo e A Coruña e de «xefatura por respecto». O 13 de decembro de 1946 logrou marchar rumbo a Francia xunto a outros 21 guerrilleiros na evasión do Santa Teresa. En Francia estableceu contacto cos irmáns Vilar Pereira. Marchou a Venezuela. En 1953 escribiu dende Venezuela ao Ministerio de Xustiza pedindo a anulación das causas que había contra el, pero denegáronlle a petición. Volveu nos anos oitenta e déronlle unha malleira por esixir diñeiro cando era guerrilleiro. Volveu marchar a Venezuela.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Redondo Abal, Francisco Xavier (2006). Botarse ao monte. Censo de guerrilleiros antifranquistas na Galiza (1939-1965). Sada: Do Castro. ISBN 84-8485-231-8.
- Vázquez Arias, Juan Carlos (2017). "Fuxidos de Soaserra y Regoela (Cabanas)" (PDF). Cátedra. Revista eumesa de estudios (24): 7–47. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 12 de setembro de 2019. Consultado o 16 de xaneiro de 2018.