Juan Sorga

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Juan Sorga Rodríguez, nado en Cortegada (Sarreaus)[1], foi un guerrilleiro antifranquista galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Traballaba na sega en Madrid cando aconteceu a golpe de Estado do 18 de xullo de 1936. Foi recrutado polo exército republicano onde ascendeu a tenente na batalla de Madrid. En 1940 regresou a Galicia e casou en Pazos (Sarreaus). Incorporouse á guerrilla en 1947, sendo responsable dun destacamento da II Agrupación do Exército Guerrilleiro de Galicia. Tamén foi responsable dun grupo voante no que estaban Camilo de Dios Fernández, Manuel Novoa, Antonio Pérez Barreiros e José María Saavedra Díaz. Gravemente enfermo dos ollos, foi curado nesta época polo doutor Luís Conde. Dende outubro de 1948 tentou chegar co que quedaba do seu grupo a Francia. Na viaxe foron sorprendidos en 1950 pola Garda civil en Chaherrero (Crespos, provincia de Ávila) o 16 de maio, resultando morto Perfecto de Dios Fernández e detida a súa nai Carmen Fernández Seguín. Juan Sorga e o seu compañeiro Manuel Rodríguez González lograron fuxir e chegaron a Madrid. O 26 de maio logrou saltar en marcha do tren correo Madrid-Zaragoza para fuxir do acoso da Garda civil mentres o seu compañeiro Manuel Rodríguez foi detido. Juan logrou chegar a Francia, instalándose preto de París, onde se perde a súa pista.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Domínguez González, José (2016). A Edreira, el último bastión de la resistencia en Ourense (18 en el balneario). Círculo Rojo. pp. 62–64. ISBN 978-84-9126-680-8. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Martínez Cerredelo, Edelmiro (2008). Centro de Desenvolvemento Rural "O Viso", ed. A Limia: 1931-1953. Historia e memoria. Sarreaus. pp. 327–333 e 361–364. ISBN 978-84-612-6855-9. 
  • Redondo Abal, Francisco Xavier (2006). Do Castro, ed. Botarse ao monte. Censo de guerrilleiros antifranquistas na Galiza (1939-1965). Sada. pp. 130–131. ISBN 84-8485-231-8. 

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]