III Agrupación operaba na banda norte e occidental da provincia de Lugo.
IV Agrupación situouse na zona noroeste de Galicia.
En 1946 creouse a V Agrupación, que operaba na zona central de Galicia.
En 1948 foi desarticulado o aparello da dirección nacional do PCE no interior e a dirección no exilio asumiu o control do partido e dos comités rexionais. Na primavera dese ano o mando guerrilleiro convocou delegados de todas as agrupacións nunha xuntanza nas fragas do Eume. O obxectivo era discutir a posibilidade da disolución da guerrilla, conforme dispoñía o PCE dende Francia. En outubro a dirección do partido no exilio, alegando desmoralización e a persecución constante, decidiu potenciar a acción política en troques da loita armada.