Francisco Martínez Leira
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 21 de decembro de 1916 Bufarda |
| Morte | 31 de decembro de 1954 A Mediña |
| Causa da morte | morte en combate, ferida por arma de fogo |
| Outros nomes | Pancho |
| Actividade | |
| Ocupación | maquis |
| Membro de | |
| Carreira militar | |
| Participou no conflito | guerra civil española |
Francisco Martínez Leira, coñecido como Pancho, nado en Bufarda (Ombre, Pontedeume) o 21 de decembro de 1916 e finado na Mediña (Ombre) o 31 de decembro de 1954, foi un guerrilleiro antifranquista galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Participou na Guerra Civil nun Batallón do Terzo, aproveitando esta circunstancia para levar armas aos fuxidos. Despois da guerra residiu en Mugardos e traballou nos estaleiros de Bazán. Militante do PCE, incorporouse á guerrilla o 22 de xaneiro de 1948, tras descubrirse a súa participación na folga do aceite e o azucre que se desencadeara en Bazán. Integrado no Destacamento Arturo Cortizas como responsábel de transmisións. Foi reclamado polo xuíz militar da Coruña en xullo de 1949 encartado na causa 201/49 xunto con Francisco Paz Fornos.[1] Pertenceu ao comité rexional do PCE (1949-1950). Cando Francisco Rey Balbís marchou a Francia en 1951 convértese no máximo dirixente da IV Agrupación do Exército Guerrilleiro de Galicia. Despois da caída de Foucellas o 9 de marzo de 1952 Francisco Martínez era practicamente o único guerrilleiro activo en Galicia. Foi abatido pola Garda Civil o 31 de decembro de 1954 na Mediña (Ombre), logo dunha denuncia, cando se preparaba para fuxir ao estranxeiro.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ La Voz de Galicia, 16-11-1949, p. 2.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Martínez, Lupe (2008). "Francisco Martínez Leira, Pancho:A historia dunha fuxida sen retorno" (PDF). Revista eumesa de estudios (15): 7–17. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 08 de xuño de 2013. Consultado o 20 de marzo de 2017.
- Redondo Abal, Francisco Xavier (2006). Botarse ao monte. Censo de guerrilleiros antifranquistas na Galiza (1939-1965). Sada: Do Castro. ISBN 84-8485-231-8.