Xosé Arias Fernández

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Xosé Arias Fernández
Nacemento1918
Lugar de nacementoCastro de Rei
Falecemento27 de maio de 1954
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónmembro da resistencia
editar datos en Wikidata ]

Xosé Arias Fernández, coñecido como Cristo ou Dapena, nado en Paredes de Arriba (Castro de Rei de Lemos, Paradela) en 1918 e finado no mesmo lugar o 27 de maio de 1954,[1] foi un guerrilleiro antifranquista galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo de Manuel Arias e Florentina Fernández. Próximo ao Partido Comunista de España botouse ao monte e participou en accións contra a Garda Civil como lugartenente de Xosé Castro Veiga Piloto. En 1946 foi elixido segundo xefe da III Agrupación Guerrilleira, participou en case todas as súas accións. Procesado na causa 522/47, foi reclamado polo Xulgado Militar Eventual número 1 de Lugo con Adolfo Gregorio Cenitagoya González, Manuel Rodríguez, Xosé Castro Veiga, José Pardo Rodríguez, Francisco López Quinte, Abelardo Gutiérrez Alba e Elías López Armesto en febreiro de 1948.[2] En 1949 dispersáronse os restos da III Agrupación e Xosé volveu ao seu lugar natal, onde se agochou. O 27 de maio de 1954 morreu nun enfrontamento coa Garda Civil mentres se preparaba para marchar ao estranxeiro.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Máiz, Bernardo; op.cit. páx. 166.
  2. El Progreso, 29-2-1948, p. 2,

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]