Saltar ao contido

Manuel Agrasar Cajaraville

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaManuel Agrasar Cajaraville
Biografía
Nacementoc. 1912 Editar o valor en Wikidata
Padrón Editar o valor en Wikidata
Morte19 de maio de 1948 Editar o valor en Wikidata (35/36 anos)
Loureiro Editar o valor en Wikidata
Causa da mortemorte en combate, ferida por arma de fogo Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónmaquis, mariñeiro Editar o valor en Wikidata
Membro de
Carreira militar
Participou no conflitoguerra civil española Editar o valor en Wikidata

Nomes e Voces: 6485 Los de la sierra: 92

Manuel Agrasar Cajaraville, coñecido como Barbarroxa, nado en Padrón cara a 1912 e finado en Loureiro (Luou, Teo) o 19 de maio de 1948, foi un guerrilleiro antifranquista galego.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Mariñeiro voluntario dende 1935, era tripulante do José Luís Díez. Incorporouse ao exército republicano en Asturias. Foi capturado en setembro de 1939. Xulgado en Xixón por rebelión, foi condenado a cadea perpetua. Formou parte da V Agrupación do Exército Guerrilleiro de Galicia liderada por Benigno Andrade "Foucellas" e José Remuiñán Barreiro "Ricardito". O grupo foi avistado pola Garda Civil en Loureiro (Luou) o 19 de maio de 1948. A benemérita incendiou a casa onde se refuxiaban os guerrilleiros e Manuel e tres compañeiros máis, Florentino Menéndez Palacio, Ricardo Fernández Carlés e Vicente López Novo, morreron polos disparos das metralladoras; tamén morreu o garda civil Manuel Gardón Castro. "Foucellas" e "Ricardito" lograron fuxir.[1]

O corpo de Manuel foi exhumado no ano 2025, xunto co dos seus compañeiros, da foxa común do cemiterio de Luou onde foran soterrados tras caer abatidos, despois do traballo levado a cabo polo grupo de investigación HISTAGRA.[2]

Vida persoal

[editar | editar a fonte]

Casou con María Cortiñas Bóveda.

  1. Torna, Cilia (18-05-2018). "A batalla de Luou". Nós Diario. Consultado o 24-11-2025.
  2. López Carbia, Susana (20-11-2025). "Hallan cuatro cuerpos en la fosa de Luou". El Correo Gallego (en castelán). Consultado o 24-11-2025.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Martínez, Lupe (2023). Guerrilleir@s antifranquistas da provincia da Coruña. Vigo: Galaxia. pp. 85–88. ISBN 978-84-1176-172-7. 
  • Redondo Abal, Francisco Xavier (2006). Botarse ao monte. Censo de guerrilleiros antifranquistas na Galiza (1939-1965). Sada: Do Castro. ISBN 84-8485-231-8.