Salvador Valcárcel Montenegro
Salvador Valcárcel Montenegro | |
---|---|
Quinzán das Peras | |
Falecemento | 11 de abril de 1939 |
Adá | |
Nacionalidade | España |
Ocupación | membro da resistencia |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Salvador Valcárcel Montenegro, coñecido como Recaré ou Recarey, nado en Quinzán das Peras (parroquia de Argozón, Chantada) e finado en Adá o 11 de abril de 1939, foi un guerrilleiro antifranquista galego.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Fuxido dende o principio do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936, foi o líder dun grupo de guerrilleiros que actuaba no suroeste da provincia de Lugo, principalmente no concello de Chantada. Formaba parte deste grupo Jesús López Suárez, Gazapo. Foi xulgado en Lugo na causa 765/38 e declarado en rebeldía. O 11 de abril de 1939 o grupo asaltou o ómnibus da empresa Montaña que facía o percorrido Lugo-Ourense. No autobús viaxaba un sarxento do exército que se enfrontou aos guerrilleiros. Estes fuxiron e o sarxento deu aviso a Lugo de onde saíron forzas do exército e da garda civil. Localizados os guerrilleiros en Adá, enfrontáronse aos perseguidores e Salvador Valcárcel e outros dous guerrilleiros resultaron mortos.[1][2]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ El Compostelano, 14-4-1939, p. 2.
- ↑ A primeira guerrilla antifranquista galega (1936-1939): un esforzo malogrado
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Redondo Abal, Francisco Xavier (2006). Botarse ao monte. Censo de guerrilleiros antifranquistas na Galiza (1939-1965). Sada: Do Castro. ISBN 84-8485-231-8.