Vespasiano
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 17 de novembro de 9 Falacrina |
| Morte | 23 de xuño de 79 Aquae Cutiliae |
| Causa da morte | morte natural |
| Lugar de sepultura | Roma |
| 21 de decembro de 69 – 24 de xuño de 79 ← Vitelio – Tito Flavio Sabino Vespasiano → | |
| Edil plebeo | |
| 38, 39 – | |
| Pretor | |
| Senador romano | |
| Cónsul romano | |
| | |
| Datos persoais | |
| Relixión | Relixión na Roma antiga |
| Actividade | |
| Ocupación | político, militar |
| Período | Alto Imperio Romano, Exipto grecorromano, Era do Exipto romano, Dinastia flaviana (pt) |
| Carreira militar | |
| Rango militar | legado romano |
| Outro | |
| Título | Emperador |
| Familia | Dinastia flaviana (pt) |
| Cónxuxe | Domitila a Maior |
| Parella | Caenis |
| Fillos | Tito Flavio Sabino Vespasiano ( Domitila a Menor ( Domiciano ( |
| Pais | Tito Flávio Sabino |
| Irmáns | Tito Flávio Sabino Flavia Vespasia |
| Descrito pola fonte | Enciclopedia de Otto Enciclopedia Leksikon Enciclopedia militar Sytin |

Caesar Vespasianus Augustus, nado en Falacrinae o 17 de novembro de 9 e finado nas proximidades de Rieti o 23 de xuño de 79, coñecido con anterioridade como Titus Flavius Vespasianus, foi un emperador romano. Subiu ó poder no ano 69, despois de ser nomeado polas lexións de Oriente, en contra do nomeamento de Vitelio. Con este emperador iníciase a dinastía Flavia, destinada a rexer Roma durante un cuarto de século.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Tivo que realizar un moi difícil labor de pacificación, xa que o Imperio estaba nunha auténtica guerra civil dende os tempos de Nerón. Soubo gañar a lealdade do exército, que tornaría nunha peza chave da gobernabilidade. Puxo orde na administración, dando entrada nela á clase ecuestre, e rematar deste xeito co monopolio dos libertos imposto por Claudio, e restableceu a paz.
As feridas morais e materiais das guerras civís pronto desapareceron e Roma entrou nunha etapa de estabilidade.
En Oriente, puxo fin á rebelión dos xudeus. Tito, vinculeiro de Vespasiano, sufocouna, tomou Xerusalén e destruíu o seu Templo (70). Tamén foi necesario cortar de raíz o intento do outrora fiel Marco Antonio Primo, que se propuña independizarse nas Galias. O exército destas provincias e mailo do Rhin foi redistribuído e Tito foi nomeado o seu prefecto.
Vespasiano tivo bo coidado de manter boas relacions co Senado, ó que consultaba tódolos asuntos e no que sentou numerosos representantes da aristocracia provincial, especialmente de Occidente. A súa política respecto ás provincias foi quen de impulsar a romanización, crear novas colonias e estender os beneficios da cidadanía romana. A latina foille concedida cando menos a 120 municipios de Hispania, o cal implicaba que os seus maxistrados, pertencentes na súa meirande parte á clase media local, accedesen á cidadanía romana ao ano de desempeñar o seu cargo.
A actuación dos gobernadores foi rigorosamente fiscalizada para evitar que fixesen abusos sobre dos naturais do país, o cal sempre acababa con reaccións antirromanas e rebelións.
Tamén na orde económica tratou de sanear as finanzas, despois do período de desorde anterior. Esta política, que lle custou a acusacion da avaricia, non tardou en dar os seus froitos e os Estado pronto puido contar con fondos non só para atender os seus orzamentos normais, senón en acometer ambiciosas obras suntuarias como o templo Capitolino e o famoso anfiteatro Flavio, máis coñecido como Coliseo, edificado en parte sobre da Domus Aurea de Nerón, que fora derrubada.
O emperador non quixo correr riscos en aventuras exteriores e renunciou a calquera expansión. A súa preocupación fundamental foi o reforzamento das fronteiras. A conquista dos Campos Decumates, unha rexión xermánica comprendida entre os ríos Danubio e Rhin, explícase como unha zona de seguridade para garantir o dominio sobre as provincias limítrofes.
Tito Flavio Vespasiano morreu no ano 79, despois de ter asociado ao seu fillo Tito ao goberno.
| Imperio Romano | ||
|---|---|---|
Segue a: Vitelio |
Vespasiano | Precede a: Tito |
| Dinastía Flavia | ||