José Ramón Curbera Fernández

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
José Ramón Curbera Fernández
Nacemento7 de outubro de 1870
Lugar de nacementoVigo
Falecemento15 de xuño de 1937
Lugar de falecementoVigo
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónempresario
PaiJosé Ramón Curbera Puig
editar datos en Wikidata ]

José Ramón Curbera Fernández, nado en Vigo o 7 de outubro de 1870 e finado na mesma cidade o 15 de xuño de 1937[1], foi un ciclista, empresario e industrial conserveiro galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Era fillo do industrial José Ramón Curbera Puig. Durante a súa xuventude dedicouse ao ciclismo, sendo un destacado impulsor deste deporte e a primeira gran figura do ciclismo en Galicia, e conseguindo varios récords a nivel nacional.[2][3] Implicouse tamén noutros deportes e foi fundador do Real Club Náutico de Vigo en 1906 e presidente do Real Vigo Sporting de fútbol entre 1913 e 1924.[4]

Entrou a traballar co seu pai na conserva en 1892 e en 1897 encargouse da fábrica de Guixar. Introduciu o xeito de xareta e as traíñas. Adquiriu en 1900 unha segunda fábrica en Bueu e inaugurou outra no Areal de Vigo en 1906. Foi vogal do Consello de Administración do Banco de Vigo (1903-1915) e presidente da Unión de Fabricantes de Conservas de Galicia (1912-1918 e 1928-1933). Foi candidato a deputado a Cortes polo distrito de Vigo fronte a Ángel Urzáiz en 1918, apoiado por republicanos e socialistas. Contrario a calquera iniciativa corporativista, enfrontouse coa ditadura de Primo de Rivera e mantivo distancias cos sublevados o 18 de xullo de 1936.

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Casou con Fermina Alonso Lamberty en 1908.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Necrolóxica en El Pueblo Gallego, 17-6-1937, p. 3 Arquivado 14-02-2018 en Wayback Machine.
  2. "Los héroes de las corredoiras". La Voz de Galicia (en castelán) (Suplemento dominical ed.). 2 de setembro de 2007. p. 11. 
  3. Torres Carbajo, Fernando (3 de outubro de 2015). "Curbera, la primera conservera de grandes producciones". Vigoé (en castelán). Consultado o 12 de abril de 2021. 
  4. VV. AA. (2011). Las familias de la conserva (PDF) (en castelán). ISBN 978-84-938942-0-7. Consultado o 12 de abril de 2021. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Carmona Badía, Xoán (2006). CIEF Centro de Investigación Económica e Financeira; Fundación Caixa Galicia, ed. "Bater marcas e abrir mercados: De precursor do ciclismo a líder da industria" in Empresarios de Galicia. pp. 283–301. 

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]