José Ramón Curbera Puig
José Ramón Curbera Puig | |
---|---|
Falecemento | 8 de maio de 1918 |
Lugar de falecemento | Vigo |
Soterrado | Cemiterio de Pereiró |
Nacionalidade | España |
Ocupación | empresario |
Fillos | José Ramón Curbera Fernández |
[ editar datos en Wikidata ] | |
José Ramón Curbera Puig, finado en Vigo o 8 de maio de 1918,[1][2] foi un empresario galego.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Capitán da mariña mercante, ao mando do bergantín Nuevo feliz facía viaxes entre Vigo e A Habana transportando pasaxeiros e mercadorías. Estableceuse en Vigo dedicándose ao negocio de coloniais e despois, á fabricación de conservas. A súa fábrica foi unha das de maior produción de Vigo a principios do século XX. Tamén construíu buques para a súa explotación e adquiriu a única fábrica de papel continuo de Vigo (aberta por Antonio López de Neira).
Foi un dos fundadores do Banco de Vigo (e foi presidente do seu primeiro consello de administración) e dos creadores da Cámara de Comercio, Industria e Navegación (da que foi presidente de 1894 a 1906).
Durante a I República foi tenente alcalde do Concello de Vigo (1873) na corporación presidida por Primitivo Blein Costas. Realizou campañas a favor da supresión dos fielatos e loitou pola aplicación da lei de admisión temporal da lata.
Vida persoal[editar | editar a fonte]
Casou con Epifanía Fernández de la Cigoña Conde o 14 de decembro de 1861 e foi pai de José Ramón Curbera Fernández.
Notas[editar | editar a fonte]
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Carmona Badía, Xoán (2006). CIEF Centro de Investigación Económica e Financeira; Fundación Caixa Galicia, ed. "Bater marcas e abrir mercados: De precursor do ciclismo a líder da industria" in Empresarios de Galicia. pp. 283–301.