José Cao Moure

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
José Cao Moure
José Cao Moure in Libro de oro de la provincia de Pontevedra.jpg
Nacemento1880
Falecemento11 de febreiro de 1960
Lugar de falecementoVigo
SoterradoCemiterio de Pereiró
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónescritor
Na rede
Galiciana: 5581
editar datos en Wikidata ]

José Cao Moure, coñecido como P.P.K.O., nado en 1880 e finado en Vigo o 11 de febreiro de 1960[1], foi un editor e escritor galego. .

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Estableceuse en Vigo e foi propietario da editorial PPKO. As súas obras, moi comerciais, conteñen abundantes fotografías. Editou os libros de ouro de Santiago de Compostela, Lugo, Pontevedra, Marín, Ourense e A Coruña. Publicou tamén un manual para tipógrafos. Colaborou en Faro de Vigo[2].

O seu libro Los Pazos Gallegos (1927-1932), en colaboración con Javier Ozores e o Marqués de Quintanar, percorre a arquitectura galega máis representativa dos pazos en Galicia.

Cabaleiro da Orde Civil de Afonso XII dende 1906 e comendador de número a partir de 1920. Académico da Real Academia Galega dende 1913[3] e da Real Academia de Belas Artes de San Fernando dende 1920. No ano 1923 nomeárono equivalente do portugués Instituto de Estudos do Minho e en 1940 recibiu a encomenda de Afonso X o Sabio. Foi concelleiro de Vigo.

Obras[editar | editar a fonte]

  • Manual práctico de fotograbado sobre zinc y sobre cobre, 1909.
  • Catálogo de Vigo. Vigo a través de un siglo, 1922-1923.[4]
  • La Coruña a través de un siglo, 1924.
  • Catálogo ilustrado de Asturias, 1925.
  • Los Pazos Gallegos, 1927 (con Javier Ozores Pedrosa e o marqués de Quintanar).[3]
  • Vigo en 1927. Vigo y la actualidad viguesa.[5]
  • Relicario monumental de Galicia, 1932 (dir.).[3]
  • Franco ante el Apóstol Santiago. Galicia!, 1939.
  • Escuela Naval Militar de Marín, 1943 (dir.)
  • Homenaje al glorioso autor de la Salve de San Pedro de Mezonzo con motivo del templo que en su honor y sagrada memoria va a levantarse en La Coruña, 1949 (dir.).

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Necrolóxica en El Pueblo Gallego, 12-2-1960, p. 6.
  2. Necrolóxica en ABC, 23-2-1960, p. 43
  3. 3,0 3,1 3,2 Naya, Juan Carlos (1961). "José Cao Moure". Boletín de la Real Academia Gallega (en castelán) (A Coruña) (339-345): 306. ISSN 1576-8767. 
  4. Catálogo de Vigo. Vigo a través de un siglo en Galiciana.
  5. Reeditado en 2005 polo Instituto de Estudios Vigueses.[1].

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]