Placeres Castellanos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaPlaceres Castellanos

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento11 de xaneiro de 1896 Editar o valor em Wikidata
Ponte Caldelas, España Editar o valor em Wikidata
Morte25 de xuño de 1971 Editar o valor em Wikidata (75 anos)
Vigo, España Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturaCemiterio de Pereiró Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmestra Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeVíctor Fraiz Villanueva Editar o valor em Wikidata
FillosVíctor Fraiz Castellanos Editar o valor em Wikidata

Placeres Castellanos Pan, nada en Ponte Caldelas o 11 de xaneiro de 1896[1] e finada en Vigo o 25 de xuño de 1971, foi unha mestra, enfermeira, xornalista e guerrilleira da Resistencia francesa contra os nazis.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Filla de solteira de Ramona Castellanos Pan e de Manuel Vidal Boullosa. Casou con Víctor Fraiz Villanueva, mestre e sindicalista, co que tivo sete fillos: Milagros, Salustiano, Consuelo, Víctor, Vicente, Ramón e Manuel.

En 1924 foi elixida secretaria do “Comité de Represión e Persecución da Mendicidade e de Protección de Menores”.

Foi a primeira muller militante da Agrupación Socialista de Vigo (1933).

O alzamento de 1936 sorprendeuna en Madrid, onde se desprazara como integrante dunha delegación de “Socorro Rojo Internacional” a fin de asistir a unha asemblea. Ao decretarse a guerra decide axudar coidando da colonia infantil da rúa Os Madrazos e máis tarde da de Carabanchel. Unha vez evacuados a todos os nenos exerceu de enfermeira, primeiro en Tarancón, hospital do “Frente del Jarama”, despois, no Hospital do VI Corpo de Exército instalado preto de Valdelatas, onde foi nomeada responsábel do persoal de enfermeiras.

A súa saúde era precaria, polo que se viu na obriga de marchar a Valencia, alí Placeres publicou algún dos seus escritos de guerra no periódico Nueva Galicia e exerceu como secretaria de Solidaridade Galega Antifeixista.

Placeres Castellanos, de pé á esquerda, no refuxio de Séte, Francia, en 1939, antes de saír para o campo de internamento.

O 18 de marzo de 1939, Placeres, xunto a algo máis de oitenta persoas, saíu do porto de Grau rumbo a Francia nunha embarcación destinada ao transporte de laranxas. O día 30 desembarcaron en Sète (Herault) sendo recibidos pola Cruz Vermella Francesa e acollidos nos pavillóns situados na praia de La Corniche, habilitados para refuxiados.

O 30 de xuño instaláronnos en Ceilhes. Neste campo convivían con emigrados checoslovacos e Placeres rexistrouse no consulado deste país con nome falso de Jakoubkova.

No departamento fronteirizo de Ariège exerceu de novo de enfermeira. Foi alí onde lle pediron que se fixese guerrilleira, Placeres quería axudar, así que finalmente aceptou. Pasou a formar parte da 3ª Brigada de Guerrilleiros da forza de Franc Tireurs de l´Intérieur co número 35.435.[2] Fixo de enlace e transporte de provisións e armas para o maquis.

Cando os alemáns asaltaron o cuartel de Rimont descubriron que en Unjot vivía unha colaboradora da guerrilla, esa era Placeres. Tivo que marchar, e durante un tempo foi acollida por unha familia de españois en Pamiers.

Placeres participou activamente na guerrilla, recrutaba a homes de probado compromiso contra o nacismo e acollía e axudaba a outros. Tamén distribuíu folletos e xornais clandestinos.

Nos últimos días xusto antes da liberación, cun burro fariñoque facía viaxes a Unjot, transportando cargamentos polas noites.

En contacto co PCE e logo da liberación, Placeres participou na conferencia nacional da UNE que tivo lugar en Tolosa en novembro de 1944.

Máis tarde instálase en Marsella, onde realiza traballos como xornalista.

Asistiu ao Congrès International de Femmes como delegada por Marsella, nel coincidiría con activistas de varias nacionalidades: Dolores Ibarruri “A Pasionaria”, a escritora Muriel Draper, a arxentina Ana Rosa de Martínez Guerrero, a chinesa Yen Nan, a exipcia Inji Efflatoun, Roshan Barber ou Charlotte Muret.

1945 supuxo para Placeres un ano excepcional, en Bandol convidárona a unha xuntanza para organizar politicamente aos galegos exiliados. Enrique Líster, Manuel Portela Valladares, Xoán Xosé Plá e ela discutirían sobre unha nova organización que querían pór en acción no exilio francés. De tal xeito que, o 12 de decembro dese ano, convocaríase a xuntanza constitutiva do Bloque Repubricán-Nazonal Galego.

Foi recoñecida nun mural en Vigo en 2021 como pioneira.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "“A nosa Galiza non morre mentres haxa corazóns galegos”". Galicia Confidencial. Consultado o 2019-06-18. 
  2. "La vida de película de la guerrillera número 35.435". La Voz de Galicia (en castelán). 2018-08-26. Consultado o 2019-06-18. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]