Universidade Técnica de Berlín
| Universidade Técnica de Berlín | |||||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
|
Forma xurídica
| |||||||||||||||
|
Texto lema
| |||||||||||||||
|
Composto por
| |||||||||||||||
| Persoas e organizacións | |||||||||||||||
|
Reitor/a
Geraldine Rauch (en)
Christian Thomsen (pt) Jörg Steinbach 2010 - 31 de marzo de 2014 Kurt Kutzler 2002 - 2010 Hans-Jürgen Ewers (pt) Dieter Schumann (pt) Manfred Fricke 1985 - 1993 Jürgen Starnick 1979 - 1985 Rolf Berger (en) Alexander Wittkowsky (pt) Hans Wever (pt) Kurt Weichselberger (pt) Friedrich-Wilhelm Gundlach 1965 - 1967 Paul Hilbig (pt) Herbert Kölbel 1961 - 1963 Otto Richard Schnutenhaus (en) Werner Kniehahn (pt) Ivan Stranski (en) Walter Pflaum 1950 - 1951 Hans Freese 1949 - 1950 Kurt Apel (pt) Jean D’Ans (pt) Walter Kucharski (pt) | |||||||||||||||
|
Número estudiantes
34842 (xaneiro de 2024)
35156 (2022) 35149 (2021) 35012 (2020) 35277 (2019) 35436 (2018) 34718 (2017) 34078 (2016) 33522 (2015) 32272 (2014) 31490 (2013) 31111 (2012) 29711 (2011) 28893 (2010) 28218 (2009) 27497 (2008) 27081 (2007) 27367 (2006) 28679 (2005) 30481 (2004) 30548 (2003) 29554 (2002) 28933 (2001) 28600 (2000) 28709 (1999) 29530 (1998) | |||||||||||||||
|
Membro de
Top Industrial Managers for Europe (pt) German Universities Excellence Initiative (en) Coalición para o Avance da Avaliación da Investigación Berlin University Alliance (en) German University Sports Federation (en) ENHANCE Alliance (en) | |||||||||||||||
| Economía | |||||||||||||||
| Datas e cronoloxía | |||||||||||||||
|
Fundación
| |||||||||||||||
|
Substitúe a
| |||||||||||||||
| Premios | |||||||||||||||
|
Premios
| |||||||||||||||
| Localización | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
| Fontes e ligazóns | |||||||||||||||
|
Páxina WEB
| |||||||||||||||
|
Descrito pola fonte
| |||||||||||||||
| Wikidata G:Commons C:Commons |
A Universidade Técnica de Berlín (en alemán Technische Universität Berlin; abrev. TUB, TU Berlin); até 1946 Technische Hochschule Berlin, Instituto Técnico de Berlín) é unha Universidade pública que se encontra no barrio de Charlottenburg en Berlín, Alemaña.
Historia
[editar | editar a fonte]
Foi fundada en 1879 como Königlich Technische Hochschule (Real Escola Técnica Superior) sendo, por tanto, unha das máis antigas Universidades de Alemaña. Pasou a chamarse Technische Hochschule Charlottenburg (Escola Técnica Superior de Charlottenburg) pola fusión do preexistente Edificio da Academia (fundado en 1799) e da Academia Vocacional (fundada en 1829). Desde 1916 tamén se uniu a antiga Academia de Minaría, que se fundara en 1770.
O edificio principal foi proxectado en 1876-1877 por Richard Lucae, e inaugurado en 1884 na Straße des 17. Juni.
Pechouse despois da segunda guerra mundial o 20 de abril de 1945, e restableceuse o 9 de abril de 1946 co nome actual.
Actualidade
[editar | editar a fonte]Localizada nas proximidades do Tiergarten, a TU Berlin é membro da TU9, sociedade formada polas 9 mellores, máis antigas e prestixiadas universidades alemás, e a súa actividade céntrase na enxeñaría e a tecnoloxía. É socia fundadora do Europäische Institut für Innovation und Technologie, EIT (Instituto Europeo da Inovación e da Tecnoloxía).
Con máis de 32 000 alumnos en 90 programas de estudos,[1] é a terceira das Universidades públicas de Berlín, e unha das 20 maiores Universidades de Alemaña. O seu reitor é, desde o 1 de abril de 2014, o físico Christian Thomsen.
O campus da TU Berlin ocupa uns 600 000 m², distribuídos en varias localizacións no Berlín occidental.
O campus principal encóntrase no barrio de Charlottenburg. As súas sete facultades teñen uns 32 000 estudantes matriculados en máis de 50 programas. O 8 de xuño de 2005 había 6 721 persoas que traballaban na universidade: 319 profesores, 1 832 investigadores graduados e 2 089 persoas que traballaban na administración, os talleres e nas instalacións centrais.[Cómpre referencia]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Ernst M. Schmachtenberg (2010): Glückwunsch, Dipl.-Ing.!: Ein Gütesiegel made in Germany wird 111 Jahre alt. ISBN 978-3-0003-2050-7.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Universidade Técnica de Berlín |
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Páxina oficial (en inglés).
- Telecommunication Networks (TKN) (Instituto de Redes de Telecomunicacións) (en inglés).
