Saltar ao contido

Markus Winkelhock

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaMarkus Winkelhock

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento13 de xuño de 1980 Editar o valor em Wikidata (44 anos)
Stuttgart, Alemaña Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeAlemaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpiloto de Fórmula Un , piloto de automobilismo Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua alemá Editar o valor em Wikidata
Deporteautomobilismo Editar o valor em Wikidata
Familia
PaiManfred Winkelhock Editar o valor em Wikidata
ParentesJoachim Winkelhock (pt) Traducir (tío) Editar o valor em Wikidata

Markus Winkelhock, nado en Stuttgart-Bad Cannstatt, Alemaña o 13 de xuño de 1980, é un piloto de automobilismo alemán. Foi vencedor do Campionato FIA GT en 2012 xunto a Marc Basseng e gañou as 24 Horas de Nürburgring de 2012, 2014 e 2017, e as 24 Horas de Spa de 2014.

Carreira[editar | editar a fonte]

Winkelhock correu na Fórmula 3 Alemá, onde foi quinto en 2001, e cuarto nas Fórmula 3 Euroseries 2003. En 2004 participou no Deutsche Tourenwagen Masters cun Mercedes-Benz Clase CLK do equipo Persson. Non logrou puntos. Volveu aos monoplazas en 2005, participando na Fórmula Renault 3.5.

A comezos do 2006, foi confirmado como piloto probador do equipo Midland de Fórmula 1. En 2007 seguiu como piloto de probas nenomeado Spyker. No Gran Premio de Europa foi escollido para substituír a Christijan Albers, despedido por falta de pagamento dos seus patrocinadores. O pioloto alemán destacou por liderar a proba durante 6 voltas tras ser o único piloto con pneumáticos de choiva extrema. Abandonaría posteriormente por un problema hidráulico.

Resultados[editar | editar a fonte]

Fórmula 1[editar | editar a fonte]

(Clave) (letra grosa indica pole position) (cursiva indica vuelta rápida)

Ano Escudería 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 Pos. Puntos
2007 Etihad Aldar Spyker F1 Team AUS MYS BHR ESP MON CAN USA FRA GBR EUR
Ret
GER HUN TUR ITA BEL JPN CHN BRA NC 0

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]