Deseñouse coa idea de facerunha pista de carreiras enorme, de 33,3 km cunha largada de 10 km, pero non houbo orzamento abondo para completar o proxecto, e só completou unha oitava parte. O circuíto abriu as súas portas en decembro de 1965, e demostrouse que era unha pista perigosa, xa que nela se deron moitos casos de accidentes. Por mor disto, construíuse unha nova parte do circuíto, e finalmente quedou coa lonxitude de 4,359 km, e mellorou significativamente o seu estado.
A primeira carreira de Fórmula 1 que se disputou nesta pista foi ao final da tempada de 1976. Naquela carreira púidose ver unha dramática loita entre James Hunt e Niki Lauda cunhas condicións climáticas pésimas. Ao final, Mario Andretti gañou a carreira, Lauda tivo que retirarse debido ao mal tempo e Hunt logrou conseguir os puntos suficientes para adxudicarse matematicamente o título de campión do mundo.
Con todo, non se festexou do mesmo xeito a segunda carreira, que tivo lugar en 1977. Naquela sinistra carreira, Gilles Villeneuve estivo involucrado nunha tráxica colisión que matou dúas persoas que estaban preto da pista. Logo desta carreira, o circuíto xa non volveu presenciar ningunha carreira de F1. Dez anos máis tarde, a organización da F1 volveu permitir ao Xapón ser o anfitrión dun Gran Premio, pero esta vez o circuíto pasou a ser Suzuka.
Fuji Speedway continuou albergando campionatos e carreiras de coches deportivos, e moitas veces utilizouse para carreiras nacionais. A velocidade continuou sendo moi elevada, e por iso tivéronse que engadir dúas chicanes ao circuíto, unha xusto logo da primeira curva, e outra antes de entrar ao larguísimo e rapidísimo tramo final. Con todo, estes cambios non puideron evitar que o circuíto seguise tendo unha das rectas máis longas de todo o mundo, con 1,3 km de lonxitude.
Esta recta úsase ás veces para as carreiras de arrancóns. En 1989 e en 1993 producíronse eventos importantes deste tipo. As carreiras locais son tamén moi correntes. O circuíto continua usándose para carreiras nacionais xaponesas. En 1991 o circuíto deixou de ter utilidade, ata outono do 2000, ano no que Toyota decidiu comprar a pista.
En 2003, o circuíto pechouse para poder realizar unha reestruturación da pista, seguindo o deseño de Hermann Tilke. Logo disto, a pista volveuse a abrir o 10 de abril de 2005. Toyota realizou a proposta de utilizar o circuíto remodelado de Fuji para o Gran Premio do Xapón na tempada de 2007, e desta forma substituír así o de Suzuka.
O circuíto é moi coñecido polos amantes do Pole Position dado que foi o primeiro circuíto que apareceu nun videoxogo.
| Ano |
Piloto |
Auto |
Duración |
Lonxitude |
Voltas |
Velocidade media |
Data |
GP de |
| 1976 |
Mario Andretti |
Lotus-Ford |
1:43:58,860 h |
4,359 km |
73 |
183,615 km/h |
24 de outubro |
Xapón |
| 1977 |
James Hunt |
McLaren-Ford |
1:31:51,680 h |
4,359 km |
73 |
207,840 km/h |
23 de outubro |
| 2007 |
Lewis Hamilton |
McLaren-Mercedes |
2:00:34,579 h |
4,563 km |
67 |
152,130 km/h |
30 de setembro |
| 2008 |
Fernando Alonso |
Renault |
1:30:21,842 h |
4,563 km |
67 |
202,790 km/h |
12 de outubro |