Saltar ao contido

Circuíto de Barcelona-Cataluña

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Circuíto de Catalunya»)
Circuíto de Barcelona-Cataluña
Plano do Circuíto
Datos
Inauguración 1991
Outros nomes
Carreiras Fórmula 1; MotoGP; GP2 Series; World Series by Renault;
Localización Montmeló (provincia de Barcelona)
Coordenadas
Capacidade 140.700 espectadores
Lonxitude 4,675 km
Curvas 16 (9 dereita, 7 esquerda)
Volta rápida (2021) 1:18.149
Piloto récord Países Baixos Max Verstappen
Escudería récord Red Bull Racing
Circuíto de Gran Premio (2007–2020)
Lonxitude km 4´655
Curvas 16
Récord tempo 1:18.183
Récord piloto Finlandia Valtteri Bottas
Récord equipo Mercedes
Récord ano 2020
Circuíto de Gran Premio (2004–2006)
Lonxitude km 4´627
Curvas 16
Récord tempo 1:15.641
Récord piloto Italia Giancarlo Fisichella
Récord equipo Renault
Récord ano 2005
Circuíto de Gran Premio (1995–2003)
Lonxitude km 4´730
Curvas 16
Récord tempo 1:20.143
Récord piloto Rubens Barrichello
Récord equipo Ferrari
Récord ano 2003
Circuíto Orixinal coa chicana Nissan (1994)
Lonxitude km 4´745
Curvas 16
Récord tempo 1:25.155
Récord piloto Alemaña Michael Schumacher
Récord equipo Benetton-Ford
Récord ano 1994
Circuíto Orixinal (1991-1993)
Lonxitude km 4´747
Curvas 16
Récord tempo 1:20.989
Récord piloto Alemaña Michael Schumacher
Récord equipo Benetton-Ford
Récord ano 1993
Vista do Circuíto

O Circuíto de Barcelona-Cataluña (en catalán: Circuit de Barcelona-Catalunya), coñecido tamén como Circuíto de Cataluña ou Circuíto de Montmeló, é un autódromo situado na poboación de Montmeló, na provincia de Barcelona, España. Inaugurado no ano 1991, ten capacidade para 131.000 espectadores, e acolle diversas competicións entre as que destacan o Gran Premio de España de Fórmula 1 e o Gran Premio de Cataluña do MotoGP.

Debido a que é un dos circuítos máis utilizados para os ensaios dos diferentes equipos de Fórmula 1, a gran maioría dos pilotos está moi familiarizados co mesmo.

O Circuíto de Barcelona-Cataluña é unha instalación pública, cuxa titularidade pertence á Generalitat de Cataluña. Está xestionado polo Real Automóbil Club de Cataluña (RACC).

O circuíto sufriu unha pequena remodelación a principios de 2007, ao introducirse unha chicana na curva do estadio, reducindo a velocidade desa curva. A escapatoria desa chicana é de asfalto, a diferenza das típicas escapatorias de grava, e instalaron un sistema novo de absorción de impactos, que aseguran a integridade do piloto ata velocidades de 200 km/h.

O Circuíto de Barcelona-Cataluña construíuse en 1991 e albergou o Gran Premio de España ese mesmo ano. A construción tamén coincidiu cos Xogos Olímpicos que se disputaron en Barcelona[1] no ano seguinte, no que o circuíto actuou como liña de saída e meta para a carreira de ciclismo por equipo contra o reloxo.[2] O Circuíto de Barcelona-Cataluña non se debe confundir co circuíto de Montjuïc, que foi a sede do Gran Premio de España catro veces entre 1969 e 1975 e a diferenza do Circuíto de Barcelona-Cataluña, en realidade está situado dentro da cidade de Barcelona.

Debido a que moitas probas realízanse neste circuíto, os pilotos de Fórmula Un e os mecánicos están moi familiarizados con el. Isto levou á crítica de que esta familiarización con Cataluña reduce a cantidade de acción na pista.

Cando se utilizou por primeira vez, era frecuente que nos adiantamentos os coches seguiranse de cerca a través das dúas últimas curvas e en ronsel pola longa recta. Cando equilibrio aerodinámico fíxose máis crítico, este método de adiantamento reduciuse drasticamente a medida que os coches foron incapaces de seguir un ao outro a través da última curva rápido debido as turbulencias creadas polo coche que lideraba.[1] A tempada 2007 viu a primeira das dúas curvas finais substituídas por unha chicana lenta, nun esforzo para mellorar os adiantamentos. Con todo, o novo deseño aínda non demostrou ningún efecto.

O Circuíto de Barcelona-Cataluña acolleu o Gran Premio de motociclismo desde 1992, orixinalmente o Gran Premio de Motociclismo de Europa desde 1992 e máis tarde o Gran Premio de Motociclismo de Cataluña desde 1996. A chicana, colocada na penúltima curva para a Fórmula 1 non xoga un papel no deseño da pista de Moto GP, e hai polo menos cinco puntos na pista (curvas 1, 2, 4, 10, 14) onde se sabe que os pilotos poden adiantar. Do mesmo xeito que na Fórmula 1, a primeira curva é sen dúbida o lugar máis popular para os adiantamentos. O circuíto non é famoso por producir grandes cantidades de adiantamentos, malia as súas longas rectas.

O circuíto albergou moitas outras series de carreiras internacionais, incluíndo o Campionato da FIA de Sport Prototipos (1999-2002), Campionato Europeo de Turismos (2003), Campionato FIA GT (2003), Deutsche Tourenwagen Masters (2006-2011), European Le Mans Series (2008-2009), e World Series by Renault (2002-2004, 2006-2011). O Campionato Mundial de Rallycross da FIA actualmente visita a Cataluña desde o ano 2015.

Tribuna do Circuíto de Barcelona-Cataluña

Do seu trazado destaca a longa recta de meta de máis de 1 km de lonxitude. O resto do circuíto combina curvas e contracurvas rápidas con pinzas e unha recta.

No ano 2007 estreouse unha nova chicana situada entre a penúltima e ante-penúltima curva antes de entrar na recta principal.

Historia do trazado

[editar | editar a fonte]

Características

[editar | editar a fonte]
  • Capacidade espectadores: 140.700
  • Lonxitude do circuíto: 4´655 quilómetros.
  • Distancia da carreira de Fórmula 1: 66 voltas = 307´104 quilómetros. 16 curvas en total.
  • Configuración aerodinámica: alta. Velocidade máxima estimada 317 km/h con DRS, 305 km/h sen DRS
  • Aceleración a fondo: 60% do tempo de volta.
  • Tempo de freado: 13% do tempo da volta.
  • Total de combustible necesario para a distancia de carreira:
  • Consumo de combustible: kg por volta.
  • Cambio de marchas por volta:
  • Número de zonas de freado:
  • Desgaste dos freos: medio/baixo
  • Desgaste dos pneumáticos: alto
  • Distancia dos Boxes:
  • Perda de tempo nunha parada en boxes:
  • Tempo total necesario para a parada en boxes: 21 segundos (media)
  • Efecto de combustible (custo en tempo por volta de 10 kg de combustible transportado): 0´40 segundos.
  • Marca volta: Kimi Raikkonen - Ferrari, 1.21.670 en 2008

Carreiras

[editar | editar a fonte]

Todos os gañadores de Fórmula 1, no circuíto de Barcelona

[editar | editar a fonte]
Ano Piloto Construtor Motor Pneus. Tempo Lonxitude Voltas Velocidade media DatA GP de
1 1991 Nigel Mansell Williams Renault G 1:38:41,541 h 4,747 km 65 187,586 km/h 29. setembro España España
2 1992 Nigel Mansell Williams Renault G 1:56:10,674 h 4,747 km 65 159,353 km/h 3. maio
3 1993 Francia Alain Prost Williams Renault G 1:32:27,685 h 4,747 km 65 200,227 km/h 9. maio
4 1994 Damon Hill Williams Renault G 1:36:14,374 h 4,747 km 65 192,367 km/h 29. maio
5 1995 Alemaña Michael Schumacher Benetton Renault G 1:34:20,507 h 4,727 km 65 195,410 km/h 14. maio
6 1996 Alemaña Michael Schumacher Ferrari Ferrari G 1:59:49,307 h 4,727 km 65 153,856 km/h 2. xuño
7 1997 Jacques Villeneuve Williams Renault G 1:30:35,896 h 4,728 km 64 200,396 km/h 25. maio
8 1998 Finlandia Mika Häkkinen McLaren Mercedes B 1:33:37,621 h 4,728 km 65 196,943 km/h 10. maio
9 1999 Finlandia Mika Häkkinen McLaren Mercedes B 1:34:13,665 h 4,728 km 65 195,688 km/h 30. maio
10 2000 Finlandia Mika Häkkinen McLaren Mercedes B 1:33:55,390 h 4,727 km 65 196,281 km/h 7. maio
11 2001 Alemaña Michael Schumacher Ferrari Ferrari B 1:31:03,305 h 4,730 km 65 202,508 km/h 29. abril
12 2002] Alemaña Michael Schumacher Ferrari Ferrari B 1:30:29,981 h 4,730 km 65 203,751 km/h 28. abril
13 2003 Alemaña Michael Schumacher Ferrari Ferrari B 1:33:46,933 h 4,730 km 65 196,619 km/h 4. maio
14 2004 Alemaña Michael Schumacher Ferrari Ferrari B 1:27:32,841 h 4,627 km 66 209,205 km/h 9. maio
15 2005 Finlandia Kimi Räikkönen McLaren Mercedes M


1:27:16,830 h 4,627 km 66 209,931 km/h 8. maio
16 2006 España Fernando Alonso Renault Renault M


1:26:21,759 h 4,627 km 66 212,075 km/h 14. maio
17 2007 Felipe Massa Ferrari Ferrari B 1:31:36,230 h 4,655 km 65 198,102 km/h 13. maio
18 2008 Finlandia Kimi Räikkönen Ferrari Ferrari B 1:38:19,501 h 4,655 km 66 187,401 km/h 27. abril
19 2009 Jenson Button Brawn Mercedes B 1:37.19,202 h 4,655 km 66 189,337 km/h 10. maio
20 2010 Australia Mark Webber Red Bull Renault B 1:35:44,101 h 4,655 km 66 192,471 km/h 9. maio
21 2011 Alemaña Sebastian Vettel Red Bull Renault P 1:39:03,301 h 4,655 km 66 186,020 km/h 22. maio
22 2012 Pastor Maldonado Williams Renault P 1:39:09,145 h 4,655 km 66 185,910 km/h 13. maio
23 2013 España Fernando Alonso Ferrari Ferrari P 1:39:16,596 h 4,655 km 66 185,605 km/h 12. maio
24 2014 {{GBRb}ç Lewis Hamilton Mercedes Mercedes P 1:41:05,155 h 4,655 km 66 182,283 km/h 11. maio
25 2015 Alemaña Nico Rosberg Mercedes Mercedes P 1:41:12,555 h 4,655 km 66 182,061 km/h 10. maio
26 2016 Países Baixos Max Verstappen Red Bull Renault (TAG Heuer) P 1:41:40,017 h 4,655 km 66 181,241 km/h 15. maio
27 2017 Lewis Hamilton Mercedes Mercedes P 1:35:56,497 h 4,655 km 66 192,057 km/h 14. maio
28 2018 Lewis Hamilton Mercedes Mercedes P 1:35:29,972 h 4,655 km 66 192,946 km/h 13. maio
29 2019 Lewis Hamilton Mercedes Mercedes P 1:35:50,443 h 4,655 km 66 192,259 km/h 12. maio
30 2020 Lewis Hamilton Mercedes Mercedes P 1:31:45,279 h 4,655 km 66 200,821 km/h 16. agosto
31 2021 Lewis Hamilton Mercedes Mercedes P 1:33:07.680 h 4,655 km 66 198,710 km/h 9. maio
32 2022 Países Baixos Max Verstappen Red Bull-RBPT RBPT P 1:37:20.475 h 4,655 km 66 190,109 km/h 22. maio
33 2023 Países Baixos Max Verstappen Red Bull-Honda RBPT Honda RBPT P 1:27:57.940 h 4,655 km 66 209´647 km/h 4. xuño
34 2024 Países Baixos Max Verstappen Red Bull-Honda RBPT Honda RBPT P 1:28:20.227 h 4,655 km 66 km/h 23. xuño

Récords
Piloto: Michael Schumacher (6) • País: Reino Unido (9), Alemaña (8) • Construtor Ferrari (8) • Motor: Mercedes/Renault (11 veces cada un) • Pneur: Bridgestone (11)

Voltas rápidas

[editar | editar a fonte]

Volta rápida oficial

[editar | editar a fonte]

Voltas rápidas en cada configuración diferente do circuíto. (Baixo condicións de carreira).

Configuración do circuíto Trazado Clase/Categoría Evento Tipo de evento Tempo Piloto Coche/Moto
Circuíto do Gran Premio de F1 actual
(2007 – presente)
Fórmula 1 Gran Premio de España de 2008 Carreira 1:21.670 Kimi Räikkönen Ferrari F2008
MotoGP Gran Premio de Cataluña de 2017 1:45.969 Jonas Folger Yamaha YZR-M1

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]


Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]
  1. 1,0 1,1 Furnell, Claire (novembro de 2009). "Circuíto de Cataluña". en.espnf1.com. ESPN EMEA Ltd. Consultado o 13 de agosto de 2010. 
  2. 1992 Summer Olympics official report. Arquivado 28 de maio de 2008 en Wayback Machine. Volume 2. pp. 305–7.