Charles Dickens

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Este é un dos 1000 artigos que toda Wikipedia debería ter.
Charles John Huffan Dickens
Charles Dickens 3.jpg
Datos persoais
Nacemento 7 de febreiro de 1812
Lugar Portsmouth, Inglaterra
Falecemento 8 de xuño de 1870 (58 anos)
Lugar Gadshill Place
Soterrado {{{soterrado}}}
Soterrada {{{soterrada}}}
Residencia {{{residencia}}}
Nacionalidade {{{nacionalidade}}}
Cónxuxe Catherine Thompson Hogarth
Fillos {{{fillos}}}
Relixión {{{relixión}}}
Actividade
Lingua {{{lingua}}}
Lingua inglés
Período {{{período}}}
Movemento {{{movemento}}}
Xéneros novela
Princ. obras {{{obras}}}
Alma mater {{{alma_mater}}}
Estudos {{{estudos}}}
Ocupación {{{ocupación}}}
Profesión {{{profesión}}}
Organización {{{organización}}}
Cargos {{{cargos}}}
Premios {{{premios}}}
Charles Dickens Signature.svg
{{{web}}}

{{{notas}}}

Charles John Huffan Dickens, nado en Portsmouth, Inglaterra, o 7 de febreiro de 1812 e finado en Gadshill Place o 8 de xuño de 1870, foi un escritor británico, un dos máis coñecidos da literatura universal, e o principal da era victoriana. Foi mestre do xénero narrativo, ao que imprimiu certas doses de humor e ironía, practicando á vez unha aguda crítica social. Na súa obra destacan as descricións de xente e lugares, tanto reais como imaxinarios. Utilizou en ocasións o pseudónimo Boz.

Críticas posteriores, tales como as de George Gissing e Gilbert Keith Chesterton, defenderon e aclamaron o seu dominio da lingua inglesa como inigualable, os seus personaxes como inesquecibles, e en gran medida a súa profunda sensibilidade social. No entanto, tamén recibiu críticas dos seus mellores lectores -George Henry Lewes, Henry James e Virginia Woolf, entre eles- os cales achacaron certos defectos ás súas obras, como o sentimentalismo efusivo, acontecementos irreais e personaxes grotescos.[1]

As súas novelas e relatos curtos gozaron de gran popularidade en vida do escritor, e aínda hoxe edítanse continuamente. Dickens escribiu novelas por entregas, o formato usual na ficción na súa época, pola simple razón de que non todo o mundo posuía os recursos económicos necesarios para comprar un libro, e cada nova entrega das súas historias era esperada con gran entusiasmo polos seus lectores, nacionais e internacionais. Dickens foi e segue sendo venerado como un ídolo literario por escritores de todo o mundo.[2]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Primeiros anos[editar | editar a fonte]

Dickens naceu o 7 de febreiro de 1812, no distrito de Landport, pertencente á cidade de Portsmouth, fillo de John Dickens (1786-1851), oficinista da Pagaduría da Armada no arsenal do porto de Portsmouth, e da súa esposa Elizabeth Barrow (1789-1863). En 1814, a familia trasladouse a Londres, Somerset House, no número dez de Norfolk Street. Cando o futuro escritor tiña cinco anos, a familia mudouse a Chatham, Kent onde pasou os seus anos de formación ata a idade de 11 anos. A súa nai era de clase media e o seu pai sempre arrastraba débedas, debido á súa excesiva inclinación ao despilfarro.

Aprendeu a ler da súa nai, que empregou para o seu ensino unhas cantas obras clásicas que posuía o pai. Charles non recibiu ningunha educación ata a idade de nove anos, feito que posteriormente reprocharíanlle os seus críticos, ao considerar a súa formación en exceso autodidacta. Con esta idade, logo de acudir a unha escola en Rome Lane, estudou cultura na escola de William Gile, un graduado en Oxford. Pasaba o tempo fóra da súa casa, lendo vorazmente. Mostrou unha particular afección polas novelas picarescas, como The Adventures of Roderick Random (As aventuras de Roderick Random) e The Adventures of Peregrine Pickle (As aventuras de Peregrine Pickle) de Tobias Smollett, e The History of Tom Jones, a Foundling de Henry Fielding. Este sería o seu escritor favorito. Tamén lía con fruición novelas de aventuras como Robinson Crusoe e Don Quixote da Mancha. En 1823, vivía coa súa familia en Londres, no número 16 de Bayham Street, Camden Town, que era entón un dos suburbios máis pobres da cidade. Aínda que os seus primeiros anos parecen ser unha época idílica, el describíase como un «neno moi pequeno e non especialmente coidado». Tamén falaría do seu extremo patetismo e da súa memoria fotográfica de persoas e eventos, que lle axudaron a trasladar a realidade á ficción.[3].

A súa vida cambiou profundamente cando o seu pai foi denunciado por impago das súas débedas e encarcelado na prisión de deudores de Marshalsea. A maior parte da familia trasladouse a vivir co Sr. Dickens ao cárcere, posibilidade establecida entón pola lei, que permitía á familia do moroso compartir a súa cela. Charles foi acollido nunha casa de Little College Street, rexentada pola Señora Roylance e acudía os domingos a visitar ao seu pai na prisión.

Aos doce anos, considerouse que o futuro novelista tiña a idade suficiente para comezar a traballar, e así comezou a súa vida laboral, en xornadas diarias de dez horas en Warren's boot-blacking factory, unha fábrica de betún para calzado, situada preto da actual estación ferroviaria Charing Cross de Londres. Durante este período a súa vida transcorreu pegando etiquetas nos botes de shoes polish (betún para calzado); gañaba seis xilins semanais. Con este diñeiro, tiña que pagar o seu hospedaxe e axudaba á familia, a maioría da cal vivía co seu pai, que permanecía encarcerado.

Logo dalgúns meses, a súa familia puido saír da prisión de Marshalsea, pero a súa situación económica non mellorou ata pasado un tempo, cando ao morrer a avóa materna de Charles, o seu pai recibiu unha herdanza de 250 libras. A súa nai non retirou a Charles de forma inmediata da compañía, que era propiedade duns parentes dela. Dickens nunca esquecería o empeño da súa nai de obrigarlle a permanecer na fábrica Máis tarde Charles foi enviado a un colexio de Hamstead Road, onde permaneceu dous anos. Estas vivencias marcarían a súa vida como escritor: dedicaría gran parte da súa obra a denunciar as condicións deplorables baixo as cales sobrevivían as clases proletarias. Na súa novela David Copperfield, xulgada como a máis autobiográfica, escribiu: «Eu non recibía ningún consello, ningún apoio, ningún estimulante, ningún consolo, ningunha asistencia de ningún tipo, de ninguén que me puidese recordar. ¡Canto desexaba ir ao ceo!»

Primeira etapa[editar | editar a fonte]

En maio de 1827, Dickens empezou a traballar como pasante no bufete dos procuradores Ellis & Blackmore e logo dun tempo como taquígrafo xudicial.

En 1828 comezou a colaborar como reporteiro no "Doctor´s Commons" e posteriormente ingresou en calidade de cronista parlamentario no "True Sun". Por esta época interesouse pola escena teatral londinense, apuntándose a clases de interpretación, pero o día da realización do casting, padeceu gripe e non puido asistir, apagándose así os seus soños de ser actor teatral.

En 1834 contratouno o Morning Chronicle como xornalista político, para informar sobre debates parlamentarios, e viaxar a través do país a cubrir as campañas electorais. En 1836 os seus artigos en forma de esbozos literarios que habían ido aparecendo en distintas publicacións desde 1833, publicáronse formando o primeiro volume de Sketches by Boz e que deu paso en marzo dese mesmo ano á publicación das primeiras entregas de The Posthumous Papers of the Pickwick Club («Os papeis póstumos do Club Pickwick»). Posteriormente continuou contribuíndo e editando xornais durante gran parte da súa vida.

Catherine Hogarth dona de Dickens

O 2 de abril de 1836 contraeu matrimonio con Catherine Thompson Hogarth (1816-1879) e estableceu a súa residencia en Bloomsbury. Tiveron dez fillos: Charles Culliford Boz Dickens (1837-1896), Mary Dickens (1838-1896), Kate Macready Dickens (1839-1929), Walter Landor Dickens (1841-1863), Francis Jeffrey Dickens (1844-1886), Alfred D'Orsay Tennyson Dickens (1845-1912), Sydney Smith Haldimand Dickens (1847-1872), Henry Fielding Dickens (1849-1933), Doura Annie Dickens (1850-1851) e Edward Bulwer Lytton Dickens (1852-1902).

En 1836 aceptou o traballo de editor do Bentley's Miscellany, que mantería ata 1839, cando discutiu co dono. Outros dous xornais dos que Dickens foi asiduo contribuínte foron Household Words e All the Year Round. En 1842, viaxou xunto á súa esposa aos Estados Unidos, feito que describiu brevemente en Notas de viaxe americanas e que serviu tamén como base dalgún dos episodios de Martin Chuzzlewit. Pouco despois empezou a mostrar interese no Unitarismo cristián, aínda que el sería anglicano, polo menos nominalmente, durante o resto da súa vida. Os escritos de Dickens foron sumamente populares nos seus días e foron lidos extensamente. En 1856, a súa popularidade permitiulle comprar Gad's Hill Place. Esta gran casa situada en Higham, Kent, tiña un especial significado para o escritor, xa que de pícaro camiñara polas súas proximidades e soñara con habitala. O lugar foi tamén o lugar onde se desenvolven algunhas escenas da primeira parte do Henrique IV de Shakespeare, conexión literaria que compracía a Dickens.

Viu publicadas nove entregas en 1836 e as once restantes en 1837, de The Posthumous Papers of the Pickwick Club («Os papeis póstumos do Club Pickwick»). A súa seguinte obra foi Oliver Twist (1837-1838) un relato auténticamente autobiográfico e que se publicou por entregas durante dous meses. A esta obra seguiron Nicholas Nickleby (1838-1840) e The Old Curiosity Shop (A tenda de antigüidades) (1840-1841), onde narra as desditas da pequena Nelly, con pasaxes inspirados no recente falecemento da súa cuñada Mary Hogarth, de dezasete anos a quen Dickens adoraba. A obra tivo un gran éxito en Inglaterra e América.

Grazas ás obras que ía publicando, Dickens gañou un gran prestixio. En 1841 foi nomeado fillo adoptivo pola cidade de Edimburgo e viaxou a Estados Unidos, onde foi rexeitado pola sociedade deste país debido ás conferencias que impartía e á novela Notas de América, contraria á escravitude e que Dickens experimentara personalmente na súa infancia. Malia iso renconciliouse co público logo da publicación de A Christmas Carol (Un conto de Nadal) en 1843.

A súa novela Dombey and Son («Dombey e fillo»), 1846-1848, significou un cambio no seu método de traballo: pasou da improvisación cara á completa planificación, apoiándose para a escritura na mestría que alcanzou no manexo dos recursos novelísticos. Fundou en 1849 o semanario Household Words, onde difundiu escritos de autores pouco coñecidos e no que publicou dúas das súas máis excelsas obras: Bleak House («Casa abatida»), 1852-1853, e Hard Times («Tempos difíciles»), 1854.

Xa era considerado como o gran novelista do social. Sometido como estaba a unha gran carga de traballo destinada a satisfacer a demanda dos seus lectores, Dickens non tardou en caer nunha crise que lle levou á ruptura cos seus editores, tras esixirlles unha maior remuneración, petición que foi rexeitada. Logo diso, Dickens iniciou unha serie de viaxes a Italia, publicando Imaxes italianas, Suíza e Francia, onde coñeceu a Alexandre Dumas e a un mozo Jules Verne, ademais de admirar a sociedade parisina. Ao seu regreso a Inglaterra, obrigado por novas necesidades económicas, estendeu a súa actividade a outros campos: organizou representacións teatrais, fundou o Daily News, fixo de actor e comezou a dar conferencias, como as que daba sobre os dereitos de autor, defensa das prostitutas e condena da pena de morte, moi en voga en Londres como divertimento do pobo.

O seu gran best seller foi David Copperfield, do cal chegou a vender ata 100.000 exemplares en pouco tempo. Foi tamén o primeiro escritor en utilizar a palabra detective nas súas novelas.

Segunda etapa[editar | editar a fonte]

Retrato de Dickens.

Ao redor de 1850 a saúde de Dickens había empeorado; este cambio foi agravado pola morte do seu pai, dunha filla e da súa irmá Fanny. O escándalo público polo seu suposto namoramento dunha nova actriz de 18 anos chamada Ellen Teman, do cal houbo de defenderse mediante unha publicación no Daily News, contribuíu enormemente á ruptura en 1858 do seu matrimonio con Katherine. Na era victoriana, o divorcio era impensable, particularmente para persoas famosas como el. No entanto, continuou mantendo a ela e á casa polos seguintes 20 anos, ata o día que ela faleceu. Aínda que inicialmente vivían felices xuntos, Catherine non parecía compartir no máis mínimo a desmedida enerxía que Dickens tiña. O seu traballo de vixiar aos seus dez pícaros e a presión de vivir cun mundialmente famoso novelista certamente non axudaba. Xeorxina, a irmá de Catherine, mudouse para axudala, pero circulaban rumores de que Charles estaba involucrado románticamente coa súa cuñada. Unha indicación da crise matrimonial ocorreu cando, en 1855, el foi ao encontro do seu primeiro amor, María Beadnell. María tamén estaba casada nestes tempos, pero ela cambiara moitísimo do recordo romántico que Dickens tiña dela. A partir de entón, o cambio do carácter de Charles Dickens foi tan notable que varios amigos seus declararon non recoñecer nel á persoa que coñeceran. Malia todo, Dickens continuou escribindo e dando conferencias e refuxiouse en casa do seu amigo Wilkie Collins (o creador do misterio). Chegaron a escribir relatos xuntos e recomendábanse ideas para as súas respectivas novelas. En 1859 publicou Historia de dúas cidades. En 1863 crea The Arts Club.

O 9 de xuño de 1865, mentres regresaba de Francia para ver a Ellen Ternan, Dickens sufriu un accidente, o famoso choque ferroviario de Staplehurst, no cal os sete primeiros vagóns do tren caeron dunha ponte que estaba sendo reparado. O único vagón de primeira clase que non caeu foi aquel onde se atopaba Dickens. O novelista pasou moito tempo atendendo aos feridos e moribundos antes de que os rescatadores chegasen. Antes de partir acordouse do inconcluso manuscrito de O noso amigo mutuo, e regresou ao vagón unicamente a recuperalo. Típico de Dickens, el logo usaría esta terrible experiencia para escribir a súa curta historia de pantasmas O guardavía na cal o protagonista ten a premonición dun choque ferroviario.

Dickens logrou evadirse da investigación do choque, pois como agora se sabe, el estaba viaxando ese día con Ellen Ternan e a súa nai, o cal podía causar un escándalo. Ellen, unha actriz, fora a compañeira de Dickens desde que este finalizou o seu matrimonio, e, como el coñeceuna en 1857, foi probablemente a última razón para a súa separación. Ela continuou sendo a súa compañeira, máis ben a súa señora, ata o día da súa morte. As dimensións da aventura foron descoñecidas ata a publicación en 1939 de Dickens e a súa filla, un libro acerca da relación intrafamiliar do autor coa súa filla Kate. Kate Dickens traballou con Gladys Storey no libro antes da súa morte, ocorrida en 1929, e afirmou que Dickens e Ternan tiveron un fillo que morreu na infancia, aínda que non existe ningunha evidencia concreta que corrobore as súas afirmacións.

Dickens, aínda que ileso, nunca se recuperou totalmente do accidente de Staplehurst. A súa prolífica pluma dedicouse a completar O noso amigo mutuo e a comezar O misterio de Edwin Drood, que quedou inacabada no seu último terzo, e cuxo descoñecido final deu lugar ata hoxe a innumerables hipóteses.[4]. Moito do seu tempo foi utilizado en lecturas públicas das súas máis amadas novelas. Dickens estaba fascinado co teatro como un escape do mundo real, e os teatros e o público teatral aparecen en Nicholas Nickleby. Os espectáculos itinerantes eran extremadamente populares, e o 2 de decembro de 1867 Dickens deu a súa primeira lectura pública nos Estados Unidos, nun teatro de Nova York. O esforzo e a paixón que poñía nestas lecturas con voces individualizadas para os seus personaxes é algo que quizais tamén contribuíu á súa morte.

Volveu escribir no Old Year Magazine ata a súa morte. Pouco despois foi recibido pola raíña Vitoria I, a cal era gran lectora das súas obras.

En 1869 Dickens aceptou presidir o Birmingham and Midland Institute, converténdose así no seu decimo sexto presidente.

Cinco anos despois do citado accidente, o 9 de xuño de 1870, morreu ao día seguinte de sufrir unha apoplexía, sen recuperar a consciencia. Contra o seu desexo de ser enterrado na catedral de Rochester (a próxima ao seu domicilio), «de forma barata, sen ostentacións e estritamente privada», foino na chamada «Esquina dos Poetas» da Abadía de Westminster, aínda que se procurou respectar o seu desexo de privacidade.[5] Circulou á súa morte un epitafio impreso no que se dicía que «foi simpatizante do pobre, do miserable, e do oprimido; e coa súa morte, o mundo perdeu a un dos máis grandes escritores ingleses». Dickens estipulou que non se erixira ningún monumento no seu honor; a súa única estatua de tamaño natural data de 1981, foi realizada por Francis Edwin Elwell, e atópase localizada en Clark Park, Filadelfia, nos Estados Unidos. O seu gran soño foi o de ser libre e conseguiuno sendo escritor.

A súa novela Oliver Twist foi levada en numerosas ocasións á gran pantalla:

Estilo literario[editar | editar a fonte]

O estilo de Dickens é florido e poético, cun forte toque cómico. As súas sátiras sobre o esnobismo da aristocracia británica -el chamaba a un dos seus personaxes «O Refrixerador Nobre»- son a miúdo populares. Comparacións de orfos con accionistas ou comensais con mobles son algunhas das súas máis aclamadas ironías.

Personaxes[editar | editar a fonte]

Escena de Un Conto de Nadal.

A Dickens chamárono un autor cuxos personaxes son dos máis memorables e creativos na literatura inglesa -si non exclusivamente polas súas peculiaridades insólitas-, con certeza polos seus nomes. Personaxes, como Ebenezer Scrooge, Fagin, Mrs. Gamp, David Copperfield, Charles Darnay, Oliver Twist, Micawber, Pecksniff, Miss Havisham, Wackford Squeers e moitos outros, son tan ben coñecidos, que se pode ata crer que teñen unha vida fóra das súas novelas e que as súas historias continuarían con outros autores. A Dickens encantáballe o estilo do século XVIII, o romance gótico, ata o chegou a tomar a xogo -Jane Austen's Northanger Abbey foi unha moi coñecida parodia- e mentres algúns son grotescos, as súas excentricidades non adoitan eclipsar as súas historias. Un dos personaxes mellor debuxados dentro das súas novelas é a mesma Londres. Desde os bares das aforas da cidade ata as beiras do Támesis, todos os aspectos da capital británica son descritos por alguén que a amaba verdaderamente e que pasaba moitas horas camiñando polas súas rúas.

Novelas por entregas[editar | editar a fonte]

A maioría das obras mestras de Dickens foron escritas como entregas mensuai ou semanais en xornais como o Master Humphrey's Clock e o Household Words, sendo posteriormente reimpresas en libros. Estas entregas facían as historias máis baratas e accesibles. Os seguidores americanos, ata esperaban nos portos de Nova York gritando sobre a multitude dun barco que arribaba «Está a pequena Nell morta?». Parte do gran talento de Dickens era incorporar o seu estilo por entregas cun coherente final de novela. Os seus números mensuales foron ilustrados por, entre outros, «Phiz» (pseudónimo de Hablot Browne). Entre os seus máis famosos traballos están Grandes esperanzas, David Copperfield, Oliver Twist, Historia de dúas cidades, Casa abatida, Nicholas Nickleby, Os papeis póstumos do club Pickwick e Conto de Nadal.

A súa forma de concibir os personaxes pode entenderse ao analizar a súa relación cos ilustradores. Dickens traballou moi cercanamente cos ilustradores, ao comezo dáballes un prospecto do traballo, asegurándose de que os personaxes e os ambientes eran tal como el os imaxinaba. Ao ler a correspondencia entre o autor e o ilustrador, poden ser mellor entendidas as intencións de Dickens, o que estaba oculto na súa arte está plenamente explicado nestas cartas. Outro feito que revelan as misivas é que os intereses do lector non sempre coincidían cos do autor. Un gran exemplo disto aparece na novela mensual Oliver Twist. Nun episodio da mesma, Dickens meteu a Oliver nun enredo dun roubo. Esta entrega concluía cando Oliver recibía un disparo. Os lectores estimaron que se verían forzados a esperar só un mes para saber como saíra o protagonista dese disparo, pero Dickens non revelou o que sucedeu co mozo Oliver no seguinte número senón que os ansiosos lectores tiveron que esperar dous meses para descubrir si o neno viviría. Isto mostra como o desexo dun lector involucrado -de saber que sucedera- non coincide coa intención do autor, que era a de estender a intriga.

Outro efecto importante do estilo episódico foi a exposición ás opinións dos seus lectores. Como Dickens non escribía os seus capítulos moito antes da súa publicación, podía comprobar a reacción pública e cambiar a historia dependendo desas mesmas reaccións. Un exemplo deste proceso pode ser visto nas súas entregas semanales da Vella tenda de antigüidades, que é a historia dunha persecución. Nesta novela, Nell e o seu avó foxen do villano, Quilp. O progreso da novela segue o gradual éxito da persecución. Mentres Dickens escribía e publicaba as entregas semanais, o seu bo amigo John Forster sinaláballe a Dickens: «Sabes que terás que matala, verdade?». O porqué deste final, pódese explicar por unha breve análise da diferenza entre a estrutura dunha comedia e a dunha traxedia. Nunha comedia, a acción cobre unha secuencia «ti crees que eles van perder, crees que perderán, eles vencen». Nunha traxedia é: «Ti crees que eles vencerán, crees que vencerán, eles perden». Como se ve, a conclusión dramática da historia está implícita na novela. Así, cando Dickens escribiu a novela en forma de traxedia, o infortunado desenlace era unha conclusión xa sabida. Si el non desexase que a súa heroína perdese, non debeu completar a estrutura dramática. Dickens admitiu que o seu amigo Forster tiña razón e, no final, a pequena Nell falece. Dickens tamén admitiu que non desexaba matar a Nell, pero era un novelista e tiña que completar a estrutura da novela.

Crítica social[editar | editar a fonte]

Charles Dickens por Frith.

As novelas de Dickens eran, entre outras cousas, traballos de crítica social. El era un fiero crítico da pobreza e da estratificación social da sociedade victoriana. A través dos seus traballos, Dickens mantiña unha empatía polo home común e un escepticismo pola familia burguesa. A segunda novela de Dickens, Oliver Twist (1839), foi responsable da limpeza do actual arrabal de Londres que foi a base da historia A illa de Jacob. Ademais, co personaxe dunha tráxica prostituta, Nancy, Dickens «humanizó» a tales mulleres para os lectores, mulleres que eran apreciadas como «desafortunadas», inmorales vítimas inherentes da economía do sistema victoriano. A casa abatida e A pequena Dorrit elaboraron extensas críticas cara ao aparello institucional victoriano: os interminables litixios da corte da chancillería que destruíron as vidas das persoas en A casa abatida e o ataque dobre en A pequena Dorrit coa patente ineficiencia e corrupción das oficinas e coa irregular especulación dos mercados.

Técnicas literarias[editar | editar a fonte]

A miúdo Dickens usaba idealizados personaxes e escenas de alto toque sentimental contrastando coas súas caricaturas e as terribles verdades sociais que revelaba. A longa escena da morte da pequena Nell na The Old Curiosity Shop (A vella tenda de antigüidades) (1841) foi recibida como incrible e conmovedora polos lectores da súa época, pero foi vista como ridículamente sentimental por Oscar Wilde. En 1903 Chesterton dixo, achega do mesmo tema, «Non é a morte da pequena Nell, senón a vida da pequena, o que critico».

En Oliver Twist, Dickens proporciona aos lectores un idealizado retrato dun mozo irrealmente bo, cuxos valores xamais son subvertidos por brutais orfanatos ou forzadas intervencións nunha banda de pequenos carteiristas. Tamén as súas posteriores novelas céntranse en personaxes idealizados (como Esther Summerson en Bleak House (Casa desolada) e Amy Dorrit en Little Dorrit (A pequena Dorrit)) este idealismo serve só para destacar o fin de Dickens de conmover coa súa crítica social. A maioría das súas novelas están relacionadas co realismo social, enfocándose en mecanismos de control social que dirixen as vidas das persoas (por exemplo nas redes industriais en Hard Times (Tempos difíciles) e códigos de clase hipócritas e excluíntes en Our Mutual Friend (O noso amigo mutuo)).

Dickens tamén emprega incribles coincidencias (por exemplo, Oliver Twist resulta ser o sobriño perdido dunha familia da alta sociedade que por azar o rescata dun perigoso grupo de carteiristas). Estas coincidencias son comúns no século XVIII -século das novelas picarescas (como The History of Tom Jones, a Foundling de Henry Fielding), que Dickens gozaba bastante. Para Dickens isto era un índice dun Cristianismo humanitario que o levaba a crer que o ben ao final sempre vence, ata de formas inesperadas. Vendo isto desde un contexto biográfico, a vida de Dickens, contra o que se esperaba, levouno desde unha desconsolada nenez forzado a traballar longas horas nunha fábrica de botas á idade de 12 anos (cando o seu pai atopábase na prisión por débedas) ata o seu status como o novelista máis popular de Inglaterra á idade de 27 anos.

Elementos autobiográficos[editar | editar a fonte]

Charles Dickens

Todos os autores incorporan elementos biográficos nas súas ficcións, pero con Dickens isto é moi notable, ata cando temía ocultar o que el consideraba o seu vergoñoso, humilde pasado.

David Copperfield é unha das máis claras autobiografías, pero as escenas da Casa abatida de interminables casos da corte e argumentos legais puideron vir só dun xornalista que tivo que reportalos. A propia familia de Dickens foi enviada á prisión por pobreza, un tema común en moitos dos seus libros, e a detallada descrición da vida na prisión de Marshalea en A pequena Dorrit é debida ás propias experiencias de Dickens naquela institución.

A pequena Nell, en A vella tenda de curiosidades é un pensamento que representa á súa propia cuñada, o pai de Nicholas Nickleby e Wilkins Micawber son, con seguridade, o propio pai do autor, así como a señora Nickleby e a señora Micawber son similares á súa nai.[6] A natureza esnob de Pip de Grandes esperanzas tamén ten certa afinidade co mesmo autor. Dickens puido debuxar as súas experiencia infantís, pero el estaba tamén avergoñado delas e non revelaría que as súas propias narracións viñan da roña.

Moi poucos coñecían os detalles da súa vida ata logo de seis anos de morto, cando John Forster publicou unha biografía na cal Dickens colaborara. Un pasado escuro en tempos victorianos puido viciar reputacións, así como a algúns dos seus personaxes, e este era quizais o propio temor de Dickens.

Recoñecemento[editar | editar a fonte]

Grazas ás obras que ía publicando, Dickens gañou un gran prestixio. En 1841 foi nomeado fillo adoptivo pola cidade de Edimburgo e viaxou a Estados Unidos en 1842, onde foi agasallado cun gran recibimento. Achando na cidade estadounidense os mesmos vicios que na inglesa, publicou ese mesmo ano unha obra que lle carrexaría o rexeitamento da sociedade ianqui e significaría o primeiro fracaso importante da súa carreira en Inglaterra: American Notes. En 1843, malia iso, reconciliouse co seu público grazas á súa obra Canción de Nadal.

A súa novela Dombey and Son («Dombey e fillo»), 1846-1848, significou un cambio no seu método de traballo: pasou da improvisación cara á completa planificación, apoiándose para a escritura na mestría que alcanzou no manexo dos recursos novelísticos. Fundou en 1849 o semanario Household Words, onde difundiu escritos de autores pouco coñecidos, e no que publicou dúas das súas máis excelsas obras: Bleak House («A casa deserta»), 1852-1853, e Hard Times («Tempos difíciles»), 1854.

Sometido como estaba Dickens a unha gran carga de traballo destinada a satisfacer a demanda dos seus lectores, non tardou en caer nunha crise. Levoulle á ruptura cos seus editores, tras esixirlles unha maior remuneración, petición que foi denegada. Logo diso, Dickens iniciou unha serie de viaxes a Italia, Suíza e Francia. Ao seu regreso a Inglaterra, obrigado por novas necesidades económicas, estendeu a súa actividade a outros campos: organizou representacións teatrais, fundou o Daily News, fixo de actor e comezou a dar conferencias.

Acollida[editar | editar a fonte]

Estudiosos e escritores como George Gissing e G. K. Chesterton defenderon e aclamaron o seu dominio da lingua inglesa como inigualable, os seus personaxes como inesquecibles, e en gran medida a súa profunda sensibilidade social. No entanto, tamén recibiu críticas de lectores importantes -George Henry Lewes, Henry James e Virginia Woolf, entre eles- os cales achacaron certos defectos ás súas obras, como o sentimentalismo efusivo, acontecementos irreais e personaxes grotescos.[7]

Legado[editar | editar a fonte]

Selo nas tapas de "The Centenary Edition of The Works of Charles Dickens in 36 Volumes.".

Charles Dickens era unha personalidade moi recoñecida e as súas novelas foron moi populares durante a súa vida. A súa primeira novela terminada, The Posthumous Papers of the Pickwick Club (Os papeis póstumos do Club Pickwick) (1837), outorgoulle unha inmediata fama que continuou durante toda a súa carreira. Mantivo unha gran calidade en todos os seus escritos e aínda que raramente se apartaba do seu típico método dickensoniano de sempre intentar escribir unha gran «historia» nun xeito convencional (a dobre narración de Bleak House (Casa Abatida) é unha notable excepción), experimentou con numerosos temas, caracterizacións e xéneros. Algúns destes experimentos foron máis exitosos que outros e a apreciación pública das súas obras variaron a través do tempo. Normalmente alegrábase de dar aos seus lectores o que eles querían e a publicación mensual ou semanal dos seus traballos en episodios significaban que o libro podería cambiar mentres a historia ocorría segundo o gusto do público. Un bo exemplo disto son os episodios americanos de Martin Chuzzlewit, os cales foron postos como resposta de Dickens a máis baixo prezo dos seus primeiros capítulos. En Our mutual friend (O noso amigo mutuo) a inclusión do personaxe de Riaj fai un retrato positivo dun personaxe xudeu, logo da critica que fixo destes con Fagin en Oliver Twist.

A súa popularidade minguou un pouco trala súa morte, pero segue sendo un dos máis coñecidos e máis lidos dos escritores británicos. Polo menos 180 películas e adaptacións para a televisión baseadas nos traballos de Dickens confirman o mencionado éxito. Moitos dos seus traballos foron adaptados para o escenario durante a súa vida e xa en 1913 realízase unha película muda de The Posthumous Papers of the Pickwick Club.

Os seus personaxes foron, a miúdo, tan memorables, que parecía que cobraran vida propia. Gamp volveuse unha expresión de xolda para unha sombrilla polo personaxe da Señora Gamp, e Pickwickian, Pecksniffian e Gradgrind entraron aos dicionarios debido aos retratos que lles fixo Dickens, como quixotescos, hipócritas ou insensibles. Sam Weller, o irreverente e atolondrado axuda de Cámara de The Posthumous Papers of the Pickwick Club, era unha tempera superestrela, talvez máis coñecido que o seu autor ao principio. Isto sucede tamén nas súas máis coñecida novela Un conto de Nadal, con novas adaptacións case todos os días. É tamén a máis filmada das historias de Dickens; moitas versións datan desde os inicios do cine. Este simple conto moralista co seu tema de redención, para moitos, suma todo o verdadeiro significado do Nadal e eclipsa todas as demais historias; ademais, mostra figuras arquetípicas (Scrooge, Tiny Tim, as pantasmas de Nadal) da conciencia occidental. Conto de Nadal foi escrito por Dickens nun intento de previr un desastre financeiro como resultado das baixas vendas de Martin Chuzzlewit. Anos despois, Dickens compartiría que sempre estivo «profundamente afectado» ao escribir Conto de Nadal e a novela rexuveneció a súa carreira como un renombrado autor.

Nun tempo no que Gran Bretaña era o maior poder político e económico do mundo, Dickens destacou a vida dos pobres esquecidos no corazón do imperio. A través do seu xornalismo fixo campaña sobre cuestións específicas -como a hixiene e as workhouses- pero a súa ficción era probablemente o máis poderoso para cambiar a opinión pública sobre as desigualdades de clase. Seguidamente describiu a explotación e represión dos pobres e condenou ás institucións públicas oficiais que permitían a existencia de tales abusos. O seu máis estridente acusación sobre estas condicións está en Hard Times (Tempos difíciles) (1854), a súa única novela que trata da clase obreira. Neste traballo, utiliza tanto a virulencia como a sátira para ilustrar como este marxinado estrato social foi denominado como «Mans» polos empresarios, isto é, que non eran realmente persoas, senón só apéndices das máquinas que operaban.

Os seus escritos inspiraron a outros, en particular, a xornalistas e figuras políticas, para incluír nas súas axendas estes problemas de opresión de clase. Por exemplo, as escenas de prisión en Little Dorrit (A pequena Dorrit) e The Posthumous Papers of the Pickwick Club foron os primeiros instigadores na destrución de Marshalsea e Fleet Prison. Así como Carlos Marx dixo, Dickens e outros novelistas da Inglaterra victoriana «...exhibían ao mundo máis verdades sociais e políticas que as que eran pronunciadas por políticos profesionais, publicistas e moralistas xuntos...». A popularidade excepcional das súas novelas, incluso aquelas con temas de oposición social (Bleak House, 1853, Little Dorrit, 1857, Our mutual friend, 1865) subliñaban non só a súa case natural habilidade para crear apremiantes historias e inesquecibles personaxes, senón que tamén aseguraban que os temas públicos sociais e de xustiza que normalmente eran ignorados, fosen enfrontados.

A súa ficción, con continuas descricións da vida inglesa do século XIX, veu a simbolizar con exactitude e anacronismo a sociedade victoriana (1837-1901) como uniformemente «dickensiana», cando de feito, as súas novelas relatan o periodo que vai de 1770 a 1860. Na década seguinte á súa morte, ocorrida en 1870, un máis intenso pesimismo filosófico e social impuxéronse na ficción británica, estes temas contrastaban coa fe relixiosa que acompañou ata á máis desoladora das novelas de Dickens. Posteriores novelistas da Inglaterra victoriana, como Thomas Hardy e George Grissing foron influenciados por Dickens, pero os seus traballos exhiben unha carencia de crenza relixiosa e retrataban personaxes inmersos nas forzas sociais (principalmente os da clase baixa) que estaban destinados cara a un tráxico final máis aló do seu control.

Os novelistas continúan influenciados polos seus libros; por exemplo, escritores como Anne Rice, Tom Wolfe e John Irving evidencian conexións directas con Dickens. O humorista James Finn Garner ata escribiu unha versión «políticamente correcta» de Un conto de Nadal. De calquera xeito, Dickens mantense hoxe como un brillante innovador e algunhas veces defectuoso novelista cuxas historias e personaxes convertéronse non só en arquetipos literarios senón tamén en parte da imaxinación pública

Obras[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Obras de Charles Dickens.

Obras traducidas ao galego[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Henry James,. ""Our Mutual Friend"" (en inglés). The Nation, 21 de decembro de 1865-unha crítica feroz. http://web.archive.org/web/http://humwww.ucsc.edu/dickens/OMF/james.html.
  2. Stone, Harry. Dickens's Working Notes for His Novels, Chicago, 1987
  3. John Forster, The Life of Charles Dickens, Book 1, Chapter 1
  4. No verán de 2011 a BBC emitio unha miniserie sobre a novela, cuxo guion e desenlace encargouse á afamada guionista de cine e televisión Gwyneth Hughes, cf. "Un novo final para a novela inacabada de Dickens. A BBC adapta 'O misterio de Edwin Drood' á televisión cun novo final do que non transcendeu nada" ([El País, 29-1-2011)
  5. Detalles sobre o seu enterro, a súa sinxela lápida, e outros poetas e artistas sepultos no mesmo lugar.
  6. Philip V. Allingham. "Mary Scott Hogarth, 1820-1837: Dickens's Beloved Sister-in-Law and Inspiration [Mary Scott Hogarth, 1820-1837: A amada cuñada de Dickens e a súa inspiración.]". victorianweb.org. http://www.victorianweb.org/authors/dickens/maryhogarth.html. Consultado o 3/11/2013.
  7. Henry James, "Our Mutual Friend", The Nation, 21 de decembro de 1865-una crítica feroz

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Charles Dickens