Sociedade Fabiana
A Sociedade Fabiana, do inglés Fabian Society, é un movemento socialista intelectual británico que ten por propósito adiantar os principios de socialdemocracia mediante reformas graduais, e non por un medio revolucionario. Foi especialmente coñecida polas súas ideas de modernidade social aparecidas por vez primeiro a finais do século XIX e maduradas posteriormente durante o tempo da Primeira Guerra Mundial. A sociedade sentou as bases fundacionais do Patido Laborista e participou activamente das incipientes políticas estatais da descolonización a cargo do Imperio británico, especialmente na India. Hoxe, a sociedade é unha vangarda ideolóxico do Novo Movemento Laborista. É unha de 15 sociedades socialistas afiliadas ao Labour Party. Sociedades similares existen en Australia, Canadá ou Nova Celandia.
Véxase tamén [editar]
Ligazóns externas [editar]
- Páxina web oficial (en inglés)
- The History of the Fabian Society de Edward R. Pease, secretario da sociedade durante 25 anos. Por cortesía do Proxecto Gutenberg. (en inglés)
- Catálogo de arquivos da Sociedade Fabiana, na London School of Economics (en inglés)