Henry David Thoreau

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Henry David Thoreau
Henry David Thoreau

Henry David Thoreau (Concord, Massachusetts, 12 de xullo de 1817 - 6 de maio de 1862). Escritor, trascendentalista, e filósofo anarquista estadounidense famoso por Walden e o seu tratado Civil disobedience.

Thoreau foi agrimensor, naturalista, conferenciante e fabricante de lápices. Ademais de ser un dos pais fundadores da literatura norteamericana, hoxe en día é considerado un pioneiro da ecoloxía e da ética medioambientalista. É tamén o conceptualizador das prácticas de desobediencia civil.

Thoreau quixo experimentar a vida na natureza, polo que desde o 4 de xullo de 1845 viviu dous anos nunha fraga preto de Walden Pond, non lonxe da súa familia e amigos en Concord (como Ralph Waldo Emerson). Abandonou a súa cabana o 6 de setembro de 1847 para vivir coa súa familia. Walden, que relata a súa vida na fraga, foi publicada en 1854.

En 1846 negouse a pagar impostos debido á súa oposición á guerra contra México e á escravitude nos Estados Unidos, polo que foi condenado a prisión durante uns días. Deste feito naceu o seu tratado Civil desobedience. Neste texto declárase un dos conceptos principais da súa ideoloxía: a idea de que o goberno non debe ter máis poder que o que os cidadáns estean dispostos a concederlle, chegando a tal punto que propón a abolición de todo goberno, unha ética contraria á capitalista e burguesa, declarándose inimigo do estado. Considerado por algúns como o primeiro ecoloxista, o seu ensaio foi influínte en Tolstoi e en Gandhi.

Nas ciencias naturais o seu prestixio é aínda apreciable. Edward O. Wilson comeza os seus libros sobre The future of life (2002) cunha carta dirixida a Thoreau. A súa obra e exemplo manteñen todavía unha fuerte influencia nos movementos en defensa dos dereitos civís (o propio Martin Luther King expresou abertamente a súa admiración), o pacifismo e o ambientalismo. En 1960 unha efixie de Thoreau entrou no Panteón dos Heroes Norteamericanos da Universidade de Nova York, xunto a George Washington, Benjamin Franklin, Abraham Lincoln, Thomas Edison e Emerson. En 1998, o presidente dos Estados Unidos propúxoo como modelo das mellores prácticas cidadanas e afirmou a superioridade moral da desobediencia civil sobre a violencia.

[editar] Bibliografía

  • A Week on the Concord and Merrimac Rivers (1839)
  • Civil disobedience, (1849)
  • Slavery in Massachusetts (1854)
  • Walden (1854)
  • A Plea for Captain John Brown (1860)
  • Excursions (1863)
  • The Maine Woods (1864)
  • Cape Cod (1865)
  • Early Spring in Massachusetts (1881)
  • Summer (1884)
  • Winter (1888)
  • Autumn (1892)
  • Miscellanies (1894)

[editar] Ligazóns externas

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre:
Wikisource logo
Galifontes posúe escritos orixinais acerca de:
Wikiquote logo
A Galicitas posúe citas sobre:

[editar] Textos en Internet

Ferramentas persoais