KGB

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
KGB (КГБ)
Komitet gosudarstvennoy bezopasnosti
Комитет государственной безопасности (КГБ СССР)
Emblema KGB.svg
Datos da Axencia
Formación 1 de xaneiro de 1954
Disolución 6 de novembro de 1991 (de facto)
3 de decembro de 1991 (de iure)
Substituída por Servizo Federal de Seguridade (FSB)
Servizo de Intelixencia Estranxeira
Xurisdición Consello de Ministros da URSS
Sede central Flag of the Soviet Union.svg Yasenevo, Moscova
Director Felix Dzerzhinsky

O KGB (en ruso: Комитет Государственной Безопасности, Komitet Gosudárstvennoi Bezopásnosti, traducido como Comité para a Seguridade do Estado) foi o nome da axencia de intelixencia, así como da axencia principal de policía secreta da Unión Soviética do 13 de marzo de 1954 ao 6 de novembro de 1991. O dominio da KGB foi aproximadamente o mesmo que o da CIA ou a división de contraintelixencia do FBI nos Estados Unidos.

Encargouse de obter e analizar toda a información de intelixencia da nación. Era un organismo de control de toda a Unión Soviética, que desapareceu cando se disolveu esta. A partir de entón xurdiu o Servizo de Intelixencia Estranxeira, o cal pasou a dirixir as actividades de espionaxe fóra do país e informar directamente ao presidente do Goberno.