Gulag

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Prisioneiros traballando na construción do Canal Mar Branco-Báltico, 1931–33.
O Gulag (1923-1961); referencia: fundación «Memorial»)

O Gulag ou GULAG (en ruso Главное управление исправительно-трудовых лагерей и колоний, ГУЛАГ; Glávnoie upravlenie ispravítelno-trudovyj lageréi i koloniy), ru-Gulag.ogg escoitar , Dirección Xeral de Campos de Traballo) era a rama do NKVD que dirixía o sistema penal de campos de traballos forzados e moitas outras funcións de policía na Unión Soviética.

A pesar de que este sistema albergaba tamén a criminais de todo tipo, o GULAG é coñecido principalmente tamén por acoller a prisioneiros que poderían selo por cuestións políticas (antigos ministros, sacerdotes, cidadáns deportados...) e como un mecanismo de represión á suposta oposición ao Estado Comunista. Non obstante, ao non existir unha categoría específica de presos "políticos", éstes tiñan que soportar unha dobre presión tanto por parte dos carceleiros coma dos delincuentes comúns.

Literalmente, «GULAG» é un acrónimo para denominar á Dirección Xeral de Campos de Traballo, pero co tempo, e segundo a escritora Anne Applebaum no seu libro Gulag: A history:

a palabra Gulag tende a denominar ademáis non só á administración dos campos de concentración, se non tamén ao sistema soviético de traballos forzados en si mesmo, en todalas suas formas e variedades: campos de traballo, de castigo, de criminais e políticos, de mulleres, de nenos ou de tránsito. Ou incluso máis, os prisioneiros nalgunha ocasión chamárono triturador de carne: as detencións, os interrogatorios, o transporte en vehículos de gando, o trabajo forzoso, a destrución de familias, os anos perdidos no exilio, as mortes prematuras e innecesarias.[1]

Inda que a encarcelación de millóns de individuos foi reportada por fontes contemporáneas, o nome de GULAG fíxose coñecido en Occidente únicamente trala publicación en 1973 de Arquipélago Gulag, de Aleksandr Solzhenitsyn, que comparou os dispersos campos cunha serie de illas e lagos.

Termoloxía[editar | editar a fonte]

Algúns autores refírense a todas as prisións e campos de concentración da historia soviética (19171991) coma Gulags. Ademáis, últimamente o término utilízase con frecuencia dun modo non relacionado coa Unión Soviética. Por exemplo, en expresións coma O Gulag de Corea do Norte ou incluso O Gulag privado de Estados Unidos. Hai que ter en conta tamén o acrónimo ruso, nunca en plural, non describe un campo particular, se non á institución gobernamental encargada de todo o sistema de campos.

O termo «campo de traballo correctivo» foi suxerido para uso oficial polo politburó do Partido Comunista da Unión Soviética o 27 de xullo de 1929, como reemplazo do termo «campo de concentración».

O termo coloquial para un preso do GULAG era zeká, zek. En ruso, «preso», «encarcelado», é заключённый, zaklyuchonny, normalmente abreviado a 'з/к' en escritos, pronunciado 'зэкá' (zeká), e gradualmente transformado en 'зэк' y 'зек'. A palabra todavía se emprega na fala coloquial, irrelevante para os campos de traballo. En principio 'з/к' foi un acrónimo para заключенный каналостроитель, zaklyuchonny kanalostroítel ('preso construtor de canais'), denominación dada aos membros da man de obra que construía o Canal Volga-Don. Máis tarde o termo foi reescrito para significar únicamente zaklyuchonny

Notas[editar | editar a fonte]