Organización Marítima Internacional

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Organización Marítima Internacional
Flag of the International Maritime Organization.svg
Bandeira da OMI
Organización Nacións Unidas
Siglas OMI-IMO
Director Flag of Japan.svg Koji Sekimizu
Estado Activa
Fundada 1959
Oficinas Londres, Reino Unido Reino Unido
Páxina web imo.org

A Organización Marítima Internacional OMI, (International Maritime Organization IMO en inglés) é un organismo especializado das Nacións Unidas que promove a cooperación entre Estados e a industria de transporte para mellorar a seguridade marítima e para previr a contaminación mariña.

Historia e características[editar | editar a fonte]

Oficinas da OMI en Londres.

Recentes iniciativas da OMI incluíron reformas aos:

A súa sede está en Londres, no Reino Unido.

As súas primeiras reunións datan de 1959. Orixinalmente tiña carácter consultivo, polo que se coñecía como OCMI (Organización Consultiva Marítima Internacional) ou IMCO polas súas siglas en inglés, e as súas recomendacións ficaban no carácter optativo.

As disposicións dos Convenios son de cumprimento obrigatorio dos Estados, parte de cada un deles e estes á súa vez asumen o compromiso de facer efectiva esas disposicións a bordo dos buques que teñan dereito "a levar a súa bandeira"".

Cada Convenio ten un ámbito de aplicación específico e se ben a grandes trazos pode afirmarse que se aplica aos buques dedicados ao tráfico internacional. Isto non é así en tódolos casos.

Países membros[editar | editar a fonte]

Organización Marítima Internacional:      Estados membros      Membros asociados

Estados membros de OMI son 170 dos membros de Nacións Unidas e as Illas Cook. O estado fundador foi o Reino Unido en 1949. O máis recente membro que se uniu foi Tuvalu, o cal chegou a membro de OMI en 2009.

Membros asociados son: Illas Feroe, Hong Kong e Macao.

Non membros: Afganistán, Andorra, Armenia, Bielorusia, Bhutan, Burkina Faso, Botswana, Burundi, República Centro Africana, Chad, Kyrgyzstan, Laos, Lesotho, Liechtenstein, Mali, Micronesia, Nauru, Niger, Niue, Rwanda, Swazilandia, Taiwan, Tajikistan, Uzbekistan, Cidade do Vaticano, Zambia e os estados con recoñecemento limitado.


Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]