American Bureau of Shipping

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
American Bureau of Shipping
Tipo Sociedade de clasificación
Fundación 1862
Localización Houston, Texas, Estados Unidos de América Estados Unidos
Persoas clave Robert D. Somerville (Director) Christopher Wiernicki (Presidente e CEO)
Industria Naval, química, enerxía, gas e petróleo
Produtos Clasificación de buques
Número de empregados 3301
Páxina web eagle.org

American Bureau of Shipping (ABS) é unha Sociedade de clasificación con sede en Houston, Texas. ABS foi fundada en 1862 e actualmente é unha das tres empresas líderes no seu sector a nivel mundial, xunto ca británica Lloyd's Register e a norueguesa Det Norske Veritas. A finais de 2006 ABS tiña clasificados máis de 10.000 buques mercantes e instalacións Off Shore. ABS presta os seus servizos en avaliación de deseños navais, construción de buques e resistencia estrutural.

Historia[editar | editar a fonte]

ABS iniciou as súas operacións navais en 1862 no estado de New York no fletamento de buques e certificacións. ABS naceu da necesidade de autorregulación da industria, ABS publicou as súas normas técnicas, as regras relativas á inspección e clasificado dos buques de madeira en 1870. Cando a era dos buques de madeira deu paso ao ferro, ABS estableceu normas para estas estruturas, en 1890. Cando o ferro deu paso ao aceiro, as regras de ABS para a construción e clasificar dos buques de aceiro adaptáronse ao novo material. Estas regras para buques con casco de aceiro seguen a ser publicadas e revisadas anualmente.

ABS clasificación de buques[editar | editar a fonte]

As sociedades de clasificación certifican que o buque se deseña, constrúe e opera segundo as súas normas. Se nas inspeccións periódicas os buques non seguen a cumprir estas normas a certificación queda suspendida ou cancelada. A normativa de ABS derívase de datos empíricos, experiencias, información técnica e profesional, coñecementos de enxeñería naval e náutica e de outras disciplinas e normativas internacionais.

Cando un armador contrata a construción dun novo buque a sociedade de clasificación elixida polo armador supervisa todo o proceso de deseño, construción e as probas para a entrega do buque. No estaleiro persoal técnico de ABS comproba que se están a seguir os deseños e procedementos acordados.

ABS e o Prestige[editar | editar a fonte]

American Bureau of Shipping é a sociedade de clasificación que certificou o Prestige. O Goberno Español levouna aos tribunais nunha demanda civil en New York[1]. En 2007 os tribunais fallaron que unha sociedade de clasificación non é unha persoa e non é responsable dos danos. EE.UU. tampouco asinou o convenio internacional de verquidos no mar polo que non é competente para xulgar o caso. O Goberno Español apelou e en agosto de 2010 o caso foi rexeitado ao non haber casos precedentes de responsabilidades esixidas por estados costeiros[2].

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]