Santabárbara

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Representación esquemática dun navío de liña de tres pontes onde se observa a disposición da santabárbara:
1) Pañol de municións.
2) Santabárbara.
3) Antepañol. Cuarto onde se cargaban de pólvora os cartuchos.
4) Tapabalazo. Vía de auga tapada con táboas de madeira e ferros de chumbo.
5) Tiro dobre. Requirido para crebar o casco do barco inimigo.
6) Canón con cureña e aparellos.
7) Zona de abordaxe

A santabárbara é o pañol ou paraxe destinada nos buques para custodiar a pólvora, así como a cámara por onde se comunica ou baixa a este pañol.

Recibe este nome pola imaxe de Santa Bárbara, patroa dos artilleiros, que xeralmente está colocada neste lugar.

Tamén se lle daba tal nome a unha rexión do extremo de popa da primeira cuberta do navío que se destinaba a gardar os pertrecheros do condestable e que en moitos casos contiña os aloxamentos dalgún persoal ou era camareta dos gardamariñas.