Portaavións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Portaavións
USS Roosevelt CV-42 Med 1976-77.jpg

Os portaavións son buques de guerra deseñados para transportar e operar avións de recoñecemento ou combate, de xeito que serven como base aérea móbil.

Os primeiros modelos eran buques acoirazados adaptados para embarcaban un pequeno número de hidroavións, e foron empregados na Primeira Guerra Mundial. A súa importancia foi recoñecida e nas seguintes décadas construíronse xa modelos deseñados específicamente para realizar funcións de transporte, aterraxe e despegue de aeronaves. Durante a Segunda Guerra Mundial tiveron un papel protagonista na estratexia naval, sobre todo no Océano Pacífico. Na actualidade existen diversos tipos de portaavións, segundo o seu tamaño, o tipo de avións que pode operar ou a función para a que foi deseñado. Adoitan navegar coa compaña de varios buques, formando un grupo naval do cal é o buque de mando.

O número de portaavións en servizo no mundo non supera as 20 unidades:

  • Estados Unidos: 10.
  • Italia: 2.
  • España, Brasil, Rusia, Francia, Reino Unido, China, India e Tailandia: 1.

Dous destes 20 portaavións foron construidos en Ferrol, o español Juan Carlos I (L-61) e mailo tailandés HTMS Chakri Naruebet. Un terceiro tamén foi construido nos mesmos estaleiros, o xa retirado Príncipe de Asturias (R-11).

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]