Snefru
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Snefru, Snofru (2.613 - 2.589 a.C.) foi o primeiro faraón da Dinastía IV, deificado no Imperio Medio.
Fillo de Huni e de Meresankh I, e pai de Queóps, construtor da Gran Pirámide de Giza. O seu nome de Horus foi Nebmaar, sendo o primeiro faraón en presentar o seu outro nome (a titulatura real) rodeado dun cartucho.
Construíu ata tres complexos funerarios piramidais (un en Meidum e dous en Dahshur).
Segundo a Pedra de Palermo enviou expedicións militares contra os nubios e os libios, e misións mineiras ás canteiras de turquesa do Sinaí.
A Pirámide Norte ou Pirámide vermella en Dahshur, parece, foi o seu lugar de repouso final.
A literatura posterior menciónao coma un benévolo lexislador e de bo carácter.
Titulatura[editar]
| Transliteración | snfr | ||||||
| Xeróglifo |
|
| Imperio Antigo | ||
|---|---|---|
Segue a: Huni |
Snefru | Precede a: Queóps |
| Dinastía IV | ||
![S29 [s] s](http://bits.wikimedia.org/static-1.22wmf6/extensions/wikihiero/img/hiero_S29.png)
![F35 [nfr] nfr](http://bits.wikimedia.org/static-1.22wmf6/extensions/wikihiero/img/hiero_F35.png)
![I9 [f] f](http://bits.wikimedia.org/static-1.22wmf6/extensions/wikihiero/img/hiero_I9.png)
![D21 [r] r](http://bits.wikimedia.org/static-1.22wmf6/extensions/wikihiero/img/hiero_D21.png)
![G43 [w] w](http://bits.wikimedia.org/static-1.22wmf6/extensions/wikihiero/img/hiero_G43.png)