Bote
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Un bote é un vehículo con capacidade para flotar e moverse na auga, sexa dirixido ou non polos seus ocupantes.
Índice |
Características [editar]
Responde ás necesidades de vía marítima ou fluvial e ofrece diversas actividades como o transporte de persoas ou mercadorías, as guerras navais, a pesca, a navegación ou outros servizos tales como a seguridade doutros buques.
En Galiza [editar]
O bote é un elemento esencial da cultura galega ao ser Galiza un país cunha importante extensión de litoral. Isto ten o seu reflexo no Folclore, por exemplo nas cantigas populares.
Catro vellos mariñeiros
xuntos, metidos nun bote
vamos para Viveiro...
Rema, rema, mariñeiro
que xa vemos a San Roque,
que xa vemos a Celeiro
Cantiga popular titulada Catro vellos mariñeiros.[1]
Notas [editar]
- ↑ Isaac Rielo Carballo: Cancioneiro da Terra Cha (1980, cant. 925, p. 67)