Molle

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Molle en Alemaña.

Un molle é unha obra marítima de enxeñaría hidráulica que consiste nunha estrutura costeira semellante a un pontón, ou estrutura alongada que se introduce nos mares ou océanos, fixada no leito acuático polo peso propio das pedras ou dos bloques de formigón, emerxendo da superficie da auga. Necesariamente unha punta do molle se sitúa no mar e a outra punta do molle en terra.

Pode ter por finalidade a de atracar unha embarcación nas costas que non contan con augas suficientemente profundas ou tamén pode servir para manter aberta a boca dun estuario dun río ou dunha lagoa.

A súa estrutura pode estar construída a base de bloques especiais de formigón (tetrápodos) ou de rochas.

Están calculados, normalmente, para unha determinada altura de onda con un período de retorno especificado. O cálculo dunha estrutura marítima deste porte, así como de diques, esporóns e outras é realizado por especialistas en enxeñaría hidráulica (en España, enxeñeiros de camiños, canais e portos).

Non se debe confundir un molle con un pier*, que é unha estrutura suspendida apoiada en piares nin cun quebramar* ou rompeondas*, que posúe as dúas puntas mergulladas dentro da auga.

Exemplo dun pier* flotante é o localizado no Principado de Mónaco.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]