Sociedade de clasificación

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Certificado Lloyd's Register para liña de carga (marca Plimsoll).

As Sociedades de Clasificación son organizacións xurdidas no sector naval e adicadas á seguridade marítima, humana e do medio ambiente e non vencelladas a ningún goberno estatal[1].

Historia[editar | editar a fonte]

As sociedades de clasificación xurdiron na segunda metade do século XVIII pola necesidade de garantir a seguridade no sector naval. Ofrecer información dos buques, armadores, aseguradores e a administración. Nun principios eran só listas nas que se informaba do estado xeral do buque por medio dunhas valoracións. Canto mellor era o buque recibía unha máis alta puntuación e polo tanto era premiado con custes do seguro máis baixos. Co tempo estas valoracións limítanse aos dous únicos niveis actuais: A1 ou non válido. As sociedades de clasificación ofrecen servizos de asesoramento e información no sector naval. Nos últimos anos ampliaron o seu sector de traballa dando tamén servizos a todo tipo de industrias. Os buques a artefactos flotantes deben ser deseñados, construídos, operados e reparados segundo as normativas da saciedade de clasificación na que estean rexistrados.

Principais sociedades de clasificación[editar | editar a fonte]

A nivel mundial son só tres as sociedades de clasificación máis importantes: Lloyd's Register que é a máis antiga, American Bureau of Shipping e Det Norske Veritas aínda que existen outras que prestan servizos.

Nome Siglas Data Sede Membro de IACS
Flag of the United Kingdom.svg Lloyd's Register LR 1760 Londres [2] Yes check.svg
Francia Bureau Veritas BV 1828 París Yes check.svg
Italia Registro Italiano Navale RINA 1861 Xénova Yes check.svg
Flag of the United States.svg American Bureau of Shipping ABS 1862 Houston Yes check.svg
Flag of Norway.svg Det Norske Veritas DNV 1864 Oslo Yes check.svg
Alemaña Germanischer Lloyd GL 1867 Hamburg Yes check.svg
Flag of Japan.svg Nippon Kaiji Kyokai (Tamén chamada ClassNK) NK 1899 Tokyo Yes check.svg
Flag of Russia.svg Russian Maritime Register of Shipping
(Российский морской регистр судоходства)
RS 1913 San Petersburgo Yes check.svg
Flag of Panama.svg Overseas Marine Certification Services OMCS 2004 Panamá X mark.svg
Flag of the People's Republic of China.svg China Corporation Register of Shipping CR 1951 Taipei X mark.svg
Flag of the People's Republic of China.svg China Classification Society CCS 1956 Beijing Yes check.svg
Flag of India.svg Indian Register of Shipping IRS 1975 Mumbai Yes check.svg
Flag of Brazil.svg Brazilian Register of Shipping
(Registro Brasileiro de Navios)
RBNA 1982 Río de Xaneiro X mark.svg
IACS, International Association of Classification Societies.

Notas[editar | editar a fonte]