Det Norske Veritas
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
| Tipo | Fundación |
|---|---|
| Fundación | 1864 |
| Localización | Bærum, Oslo, |
| Persoas clave | Henrik O. Madsen (CEO) Atle Bergshaven (Director) |
| Industria | Naval, química, enerxía, gas e petróleo |
| Produtos | Clasificación de buques |
| Número de empregados | 10.000[1] |
| Páxina web | dnv.com |
Det Norske Veritas ou (DNV) é unha sociedade de clasificación de buques fundada en Noruega en 1864 organizada como unha fundación que ten como obxectivos: "coidar a vida, as propiedades e o medio ambiente". Xunto con Lloyd's Register e American Bureau of Shipping é unha das tres maiores compañías clasificadoras de buques do mundo, ten 300 oficinas en 100 países.
As industrias más importantes onde opera a compañía inclúen transporte marítimo, a enerxía (tamén eólica e solar), aviación, automoción, finanzas, alimentación, saúde e tecnoloxías da información.
Índice |
Organización [editar]
A fundación opera con tres corporacións:
- DNV Maritime and Oil & Gas Classification adicada á verificación, avaliación de riscos e soporte técnico no sector marítimo, gas e petróleo.
- DNV KEMA Energy & Sustainability Counselling probas e servizos de certificación no sector enerxético, enerxías renovables, emisións, eficiencia enerxética, xeración eléctrica, transformación e distribución eléctrica.
- DNV Business Assurance Certificación, avaliación, formación, procesos e organización a nivel mundial nun amplo espectro de sectores.
Tamén ten a filial Software DNV, programas de deseño naval, enxeñería, avaliación e cálculo.
Notas [editar]
- ↑ 2010 Annual Report (PDF) (en inglés)