Popa
Desígnase co nome de popa á terminación posterior da estrutura do buque. Por extensión chámase tamén popa a toda a parte traseira dun navío considerando a este dividido lonxitudinalmente en tres partes iguais.
Por razóns funcionais, a popa sempre foi a localización do aparello de maniobra do navío, en especial do temón (ou leme) e da respectiva roda do temón, que antes do desenvolvimento das tecnoloxías de movemento hidráulico non podían ser maniobrados desde moi lonxe. Por extensión, e para permitir maior proximidade á zona de maniobra, ao mesmo tempo que aproveitaba a zona máis abrigada do navío e menos suxecta a balanzo, a popa pasou a ser a localización preferida para instalar os aposentos do capitán e dos oficiais. Iso levou a que o castelo de popa, nome porque era designada a superestrutura localizada na traseira do barco, pasase a ser extremadamente elaborada, con grandes xanelas decorativas, lanternas, tallas e outros sinais da ostentación. Os pasaxeiros importantes eran acomodados no castelo de popa, séndolle servidas as comidas tamén ali. Nos navíos de guerra, a concentracións da oficialidade no castelo de popa transformouse nunha vulnerabilidade, xa que en batalla atinxir o castelo de popa cunha bordada era seguro que causaría baixas importantes. De aí que as tácticas navais de combate da época da navegación á vela privilexiasen o asalto ao castelo de popa.
Tradicionalmente é tamén na popa onde se coloca a bandeira de rexistro do barco (porén durante a navegación esta poida ser movida para o mastro principal) e onde se inscribe o nome e porto de registro da embarcación. Os antigos navíos tiñan á popa, sobre a bandeira, unha lanterna, por veces de grandes dimensións e valor decorativo, hoxe substituída por unha simple lámpada de sinalización sobre a bandeira.
Na primeira metade do século XIX a popa dos navíos foi sendo progresivamente arredondada, abandonándose os tradicionais castelos de popa. Coa chegada dos navíos movidos a hélice posterior, a popa transformouse nunha área de localización de equipamentos, o que deu pé á transferencia ao medio do navío dos aloxamentos do capitán, oficiais e das meses .
Os tipos máis comúns de popa son:
- a popa de cruceiro
- a popa de espello ou estampa
