Graíces, A Peroxa
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
| Graíces | |
|---|---|
| Igrexa de San Vicente de Graíces | |
| Concello | A Peroxa |
| Área | 4,81 km² |
| Poboación | 288 hab. (2005) |
| Densidade | 59,88 hab./km² |
| Entidades de poboación | 14 |
San Vicente de Graíces é unha parroquia pertencente ao concello da Peroxa, na provincia de Ourense. Cunha extensión de 4,81 km² posuía no censo de 2005 unha poboación de 288 habitantes.[1]
Esta formada polas seguintes entidades de poboación: Graíces, Carballedo, Pousada, Vespín, A Villerma, Gulfaríz, Andelo, Fontaíño, Barra de Cima, A Peroxa, Santa Euxea, Casar de Graíces, Louredo, Mato e Freire.
Índice |
Patrimonio [editar]
- Pazo de Láncara: típica casa da fidalguía galega situada no núcleo que da nome á parroquia. É un pazo de planta rectangular. Presenta unha solaina na fachada principal. Posúe tamén varios escudos na mesma fachada que o vinculan con distintas liñaxes. Na actualidade atópase en mal estado.
- Igrexa de San Vicente de Graíces: igrexa do século XVII de estilo barroco. De planta rectangular, é o típico exemplo de arquitectura relixiosa rural. No seu interior destaca un retablo barroco no que traballou o escultor ourensán Alonso López.
Lugares e parroquias [editar]
Lugares de Graíces [editar]
| Lugares da parroquia de Graíces no concello da Peroxa (Ourense) | |
|---|---|
|
Andelo | Barra de Cima | Carballedo | O Casar | O Fontaíño | Graíces | Gulfariz | Louredo | Mereixe | A Peroxa Vella | Pousada | Santa Ouxea | Vilerma | Vispín |