Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
O abeneiro (Alnus glutinosa), tamén coñecido por ameneiro ou amieiro, é unha árbore da familia das betuláceas.
Atópase en toda Europa, Siberia e norte de África, chega ata os 20-30 metros de altura. A súa copa, de forma cónica ou piramidal, está moi poboada con follas arrendoadas de base puntiaguda e as beiras onduladas e dentadas e flores brancas formando espigas.
A flor mide de 6 a 12 cm con peciolos curtos (5-10 cm) de cor verde escura, limbo redondeado e con extremidades truncada. A súa madeira é resistente, doada de traballar e consérvase baixo a auga.
A floración prodúcese antes de aparecé-las follas. Os amentos masculinos, de 5 a 10 cm, son delgados, cilíndricos e pendulares, de cor avermellada. Os femininos son máis pequenos (2 cm) e de cor marrón escura a negra, duros e gardando certa similitude coas coníferas. Cando as pequenas sementes son liberadas as súas bases permanecen na árbore. O amieiro propágase facilmente polas sementes, aínda que tamén se reproduce a partir de pequenos xérmolos das raíces.
[editar] O ameneiro na cultura popular galega
- Leña de abeneiro arde no regueiro
- Agora que ven o vran,/ ganancia pra os gadañeiros,/ que andan de prado en prado/ á sombra dos ameneiros.
- Meu grorioso San Antón,/ feito de pau de ameneiro,/ curman carnal dos meus zocos,/ neto do meu tabaqueiro.
- Meu santo Bras da Diana/ feito de pau de amieiro,/ irmán das miñas zoquiñas,/ criado no meu lameiro.
- Santo San Xinés de Bamio,/ feito de pau de ameneiro,/ primo carnal dos meus zocos,/ irmán do meu tabaqueiro.
[editar] Galería de imaxes
[editar] Véxase tamén
Commons ten máis contidos multimedia sobre:
[editar] Bibliografía
- BOUZA BREY, Fermín: "Cantigas populares da Arousa", en Arquivos do Seminario de Estudos Galegos III, 1929, 153-204.
- REAL ACADEMIA GALLEGA: Diccionario gallego-castellano. La Coruña 1913-1928.